Ryhor KachanovičTamén Hryhorij Koxanovyč. (en ; en , tr."Hryhorii Kokhanovych"; en ), nado antes de 1750 en Belarús e finado en 1814, foi un eclesiástico grecocatólico belaruso, metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus dende 1809 até o seu pasamento. Traxectoria Naceu no Gran Ducado de Lituania (hoxe Belarús) antes de 1750. Estudou Teoloxía en Vilnius e foi ordenado sacerdote. Segundo un informe de Jazafat Bulhak a Propaganda Fide, Lisoŭski lle nomeou bispo auxiliar de Polack e bispo titular de Orša o 20 de agosto de 1978.

En 1807 foi nomeado bispo de Lutsk-Ostroh, recibindo a consagración episcopal o 11 de abril de mans do metropolita Iraklij Lisoŭski. En 1809 foi nomeado bispo de Vilnius, eparquía creada no mesmo ano, e o 3 de outubro de 1809 metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus. O 5 de xaneiro de 1810 emitiu unha epikeiaPresunción de actuación correcta nun momento de emerxencia. en San Petersburgo e enviouna a Roma, na que declaraba que como lle era imposíbel obter a confirmación da Santa Sé, comezaba a súa xurisdición como metropolita sen ela, aínda que nela declaraba a súa adhesión á Igrexa.

O 13 de xaneiro de 1811 consagrou tres bispos en Vilnius: Jan Krassowski como arcebispo de Polack, Adriian Holovnia como bispo auxiliar de Vilnius, e Leon Ludwik Jaworowski como bispo auxiliar de Brest; para a consagración do primeiro contou coa asistencia de dous bispos latinos, o bispo de Minsk Jakub Ignacy Dederko e o bispo auxiliar de Mahilioŭ Cyprian Odyniec. Kachanovič finou en 1814 sen ter recibido resposta, por mor das guerras napoleónicas. Notas

Categoría:Nados no século XVIII Categoría:Nados en Belarús Categoría:Finados en 1814 Categoría:Bispos católicos de Belarús Categoría:Bispos católicos de Lituania Categoría:Primados da Igrexa católica bizantina ucraína