A cetia das ribeiras (Cettia cetti) é unha especie de ave paseriforme, da suborde dos Passeri, infraorde dos Passerida, superfamilia dos silvioideos e familia dos cetíidos, pertencente ao xénero Cettia.

É un pequeno paxaro, de cor parda arrubiada polas partes superiores e abrancazada polas inferiores,Penas Patiño et al. (1991), p. 248. propio da rexión paleártica, que cría na Europa meridional e central,Robinson, Robert A.; Freemen, Stephen N.; Balmer, Dawn E. & Grantham, Mark J. (2007): "Cetti's Warbler Cettia cetti: analysis of an expanding population". BTO 54: 230–235. (Resume). no noroeste de África e na Asia temperada, desde Turquía e a Federación Rusa até a China e o Xapón, pasando por Afganistán, Turkmenistán e o Paquistán.Cettia cetti en Avibase.<ref name=U>Cettia cetti na Lista vermella da UICN. Versión 2016-3. Consultada o 12-04-2007.</ref>

Características As principais características da cetia das ribeiras son:Cetti's warbler en RSPB. Mide de 13 a 14 cm de lonxitude. Ambos os sexos son iguais. A súa coloración é parda clara nas partes superiores, abrancazada nas inferiores, e coas costas e os flancos do ventre de cor lixeiramente apardazada. Presenta unha cella (lista supraocular) clara. As patas son rosadas. As ás son curtas, e a cola, longa, arredondada no extremo, e que ergue espasmodicamente.

Bioloxía miniatura|250px|Cettia cetti en Montoliu de Lleida, Cataluña. miniatura|250px|Ovos de Cettia cetti. Museo de Tolosa.

Hábitat Adoita vivir entre arbustos moi mestos en zonas próximas á auga: ríos, regatos, lagoas e encoros. É moi difícil de observar debido aos seus hábitos retraídos de roldar polas zonas arbustivas onde habita.

Costumes O reiseñor da auga revela a súa presenza cun forte canto, ruidoso e explosivo, moi característico, cun "chií" seguido dun "chiqui" ou "cuchi".

Durante o verán, os machos pasan a maior parte do tempo establecendo os seus territorios, e por iso pasan pouco tempo coidando os ovos ou aos pitos. Os machos xeralmente atraen a máis dunha femia ao seu territorio.

Nutrición Cettia cetti aliméntase de artrópodos, como insectos pequenos e de corpo brando, e de larvas. Prefire os insectos pequenos porque os dixie máis rápido.Molina, Javier; Hodar, José A. e Camacho, Ismael (1998): "Diet of Cetti's warblers Cettia cetti (Temmink, 1820) in a locality of southern Spain" (PDF). Ardeola. 45 (2): 217–220.

Reprodución Aniñan entre a vexetación moi mesta, xeralmente preto do solo.O niño, de pequeno tamaño, ten forma de copa. Nel a femia por de 3 a 5 ovos de cor rubia, que son chocados principalmente pola femia, durante 12 días. Os polos deixan o niño ao cabo de 10 ou 15 días. Teñen dúas roladas ao ano.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1820 polo zoólogo neerlandés Coenraad Jacob Temminck, co nome de Sylvia cetti, na súa obra Nouveau Recueil de Planches coloriées d'Oiseaux, pour servir de suite et de complément aux planches enluminées de Buffon (1820-1839).

Etimoloxía Os nomes da familia, o xénero e a especia foron dedicados ao naturalista italiano Francesco Cetti (1726-1778).

Clasificación Segundo o ITIS, recoñécense as catro subespecies seguintes:Cettia cetti (Temminck, 1820) no ITIS.

Especie Cettia cetti (Temminck, 1820) Cettia cetti albiventris Severtzov, 1873 Cettia cetti cetti (Temminck, 1820) Cettia cetti orientalis Tristram, 1867 Cettia cetti sericea (Temminck, 1820)

Status A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica, desde o ano 2004 até a actualidade, o estado de conservación desta especie como LC (pouco preocupante), debido a que ten unha área de dispersión moi grande e, polo tanto, non se acerca aos limiares de vulnerábel baixo os criterios de tamaño da área (uns 20 000 km2), e o tamaño da súa poboación (máis de 10 000 individuos maduros), que se estima que está aumentando.

En Galicia En Galicia a especie é pouco común, aínda que está espallada por todo o territorio, especialmente polas zonas máis cálidas (vales da provincia de Ourense e as Rías Baixas).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions ISBN 978-84-96553-98-9. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos e Silvar, Carlos (1991): Guía das aves de Galicia''. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-87674-06-2.

Outros artigos Paseriformes Páseros Paséridos Silvioideos

Ligazóns externas Cettia cetti en Avibase ; Mapa de distribución. Bouscarle de Cetti, Cettia cetti na Oiseaux.net . Cettia cetti na ADW. Cettia cetti na EOL.

Categoría:Paseriformes Categoría:Animais descritos en 1820 Categoría:Aves de Galicia