A Fundación María José Jove é unha organización sen ánimo de lucro constituída en 2003 en memoria de María José Jove Santos, filla de Manuel Jove e finada en marzo de 2002. Está orientada cara a infancia e persoas con diversidade funcional.
Foi declarada de interese galego pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia o 14 de marzo de 2003. Ten establecida a súa sede no edificio WorkCenter, no polígono industrial da Grela.
Obra social
O Hospital Materno Infantil Teresa Herrera tiña previsto inaugurar en 2017 unha nova área de oncopediatría financiada cuns 200 000 euros a cargo da fundación María José Jove.
O Museo Virtual María José Jove activo en 2021.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Colección de arte da Fundación María José Jove
María José Jove Categoría:A Coruña