miniatura|270px|Abroscopus albogularis. A dos cetíidos (Cettiidae) é unha familia de aves paseriformes da suborde dos páseros, infraorde dos paséridos e superfamilia dos silvioideos.

Trátase dunha familia recentemente descrita, na que a maioría dos seus membros se clasificaban anteriormente na familia dos sílvidos.Alström, P.; Ericson, P. G. P.; Olsson, U. & Sundberg, P. (2006): "Phylogeny and classification of the avian superfamily Sylvioidea". Mol. Phylogenet. Evol. 38 (2): 381–397. PMID 16054402 Texto completo en PDF

Características Os cetíidos son especies de paxaros pequenos e repoludos de coloracións en tons apardadadas, que adoitan teren as colas máis pequenas que os moi similares locustélidos. Adoitan habitaren en matogueiras e sotobosques. Os seus membros encóntranse principalmente en Asia e África, chegando tamén ao sur de Europa e a Oceanía. A maioría das especies da familia son sedentarias, pero Urosphena squameiceps é migratoria, e o reiseñor da auga (Cettia cetti) e Horornis diphone son migratorios nalgunhas zonas da súa área de distribución. Algunhas especies, como Urosphena pallidipes, realizan migracións altitudinais.

A dos cetíidos é unha liñaxe antiga dentro da superfamilia dos silvioideos. O grupo máis próximo aos cetíidos é o dos exitálidos (a familia á que pertence o ferrreiriño rabilongo).

Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 2006 polo zoólogo, profesor e sistemático evolutivosueco Per Alström e os seus colaboradores, no traballo "Phylogeny and classification of the avian superfamily Sylvioidea". Mol. Phylogenet. Evol. 38 (2): 381–397.

Etimoloxía O nome científico Cettiideae está formado sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Cettia, coa adición da desinencia do latín científico ´-ideae, tirada da foma do grego antigo -ειδής, -eidḗs, da raíz de εἶδος, eĩdos "forma", "aspecto", "aparencia", usada para a formación do nome das familias de animais.

Clasificación Recoñécense os 7 xéneros seguintes, con 32 especies:Cettiidae no ITIS. Abroscopus E. C. S. Baker, 1930 (3 especies); Cettia Bonaparte, 1834 (4 especies); Horornis Hodgson, 1845 (13 especies); Phyllergates Sharpe, 1883 (2 especies); Tesia Hodgson, 1837 (4 especies); Tickellia Blyth, 1861 (1 especie); Urosphena Swinhoe, 1877 (5 especies);

Hai outros xéneros incertae sedis que algúns autores clasifican aquí: Graueria Hartert, 1908. Hylia Cassin, 1859. Pholidornis Hartlaub, 1857 (anteriormente en Remizidae).Sefc, K. M.; Payne, R. B. & Sorenson, M. D. (2003): "Phylogenetic relationships of African sunbird-like warblers: Moho Hypergerus atriceps, Green Hylia Hylia prasina and Tit-hylia Pholidornis rushiae". Ostrich 74 (1-2): 8-17. Texto completo en PDF.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Alström, P.; Ericson, P. G. P.; Olsson, U. & Sundberg, P. (2006): "Phylogeny and classification of the avian superfamily Sylvioidea". Mol. Phylogenet. Evol. 38 (2): 381–397. Alström P., Hohna, S., Gelang, M., Ericson, P. G. P. & Olsson, U. (2011): "Non-monophyly and intricate morphological evolution within the avian family Cettiidae revealed by multilocus analysis of a taxonomically densely sampled dataset". BMC Evol. Biol. 11: 352 -368. PDF Texto completo en PDF. del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions ISBN 978-84-96553-98-9.

Outros artigos Paseriformes Páseros Paséridos Silvioideos

Ligazóns externas Cettiidae no ITIS. Cettiidae na EOL. Cettiidae no NCBI.

Categoría:Paseriformes