O topónimo Somalia pode referirse a: A República Federal de Somalia, coñecida abreviadamente como Somalia. A Somalia británica, un antigo protectorado británico na parte norte do corno de África, que en 1960 se integrou en Somalia. A Somalia francesa, colonia francesa no norte do corno de África (1896-1946), e despois Territorio de ultramar francés (1946-1967), hoxe independente (República de Djibuti). A Somalia italiana, protectorado italiano no corno de África (1889-1908), e despois colonia, de 1908 a 1936), integrada neste último ano na África Oriental italiana, e que no curso da segunda guerra mundial, en 1941, foi ocupada polo Reino Unido, do que foi protectorado de 1949 a 1950. De 1950 a 1960 foi administrada por Italia por mandato da ONU e, neste último ano, integrouse no novo estado de Somalia (xunto coa Somalia británica).
Véxase tamén Gran Somalia Somalilandia Estado Maakhir de Somalia Puntlandia Bandeira de Somalia Escudo de Somalia