A galegofobiaDefensa e reivindicación do idioma galego durante o século XIX, Academia.gal, 28 de xaneiro de 2013. ou galaicofobiaA galaicofobia mantense no discurso da identidade española, Nós Diario, 18 de marzo de 2021 fai referencia á aversión non xustificada cara a Galicia, cara á cultura e lingua galegas e cara ao individuo galego e a súa identidade. Malia que o termo non aparece recollido en ningún dicionario de corte académico, trátase da denominación xenérica e popular para se referir a este fenómeno tanto na prensa coma no eido social. Así, a primeira constancia que se ten do seu uso é nun artigo de prensa asinado por Villar Ponte e datado en 1916. As primeiras manifestacións de galegofobia correron a cargo de múltiples e sobranceiros literatos en lingua castelá (Miguel de Cervantes, no seu Quixote,"En cuanto al Quijote genuino, los gallegos tampoco salen mucho mejor parados [...]. Los llamados yangüeses en la edición definitiva del texto, los malvados pastores que mantean a Sancho y le roban, eran originariamente gallegos. [...] Pero detengámonos un momento: ¿no estaremos cayendo en ese pecado mortal de los historiadores periféricos, el victimismo? Desgraciadamente, la respuesta es que no. El caso de Galicia es especial. Alcanza tal grado de agresividad y violencia que apenas puede compararse con el trato dado a los gascones en Francia y a los irlandeses en Inglaterra, y aun en esto hay una diferencia considerable." como exemplo destacado), mais tamén é posible rastrexala na historiografía nacionalista española (cuxa figura paradigmática é Menéndez Pidal) ou mesmo nos ámbitos político e televisivo contemporáneos. ... así pois, a galegofobia que se desatou en Castela e tamén en Portugal após o período medieval por a Galiza ficar politicamente anulada e economicamente empobrecida, coas súas manifestacións nos textos literarios dos grandes autores, constitúe unha das bases principais para o desenvolvemento do fenómeno do autoodio, en A lingua tiveran por lingua d’escravos. O autoodio como concepto sociolingüístico (p.128), artigo aparecido en Estudos de lingüística galega 6 (2014), de Xosé Ramón Freixeiro Mato.

Se ben é certo que os meirandes e máis numerosos exemplos de galegofobia proceden do ámbito hispánico, tamén existiu (e segue a existir) a nivel europeo e internacional.

No prólogo de Cantares gallegos a escritora Rosalía de Castro puxo de relevo boa parte destas cuestións:

Historia e características O fenómeno de desprezo cara a aquilo vinculado con Galicia confórmase e vívese con maior virulencia ao termo da Idade Media. Segundo o ensaísta lugués Miguel-Anxo Murado (2008), as razóns cómpre buscalas principalmente na pobreza que seguiu un período longo de bonanza económica."¿De dónde venía semejante odio? En primer lugar hay que considerar, por supuesto, la pobreza. La Galicia relativamente rica de finales de la Edad Media había caído en picado con su incorporación al Imperio de los Habsburgo. Las guerras habían provocado el hundimiento de su comercio marítimo en el momento en que éste empezaba a despegar. Había llegado a su fin, por ejemplo, la rentable exportación de vinos de Ribadavia, que desapareció en favor de los portugueses. La geología tampoco ayudaba. Imperceptiblemente, la costa gallega se está levantando muy despacio desde hace millones de años. En el siglo XVI no fue tan imperceptible: varios puertos, al no dragarse con la suficiente frecuencia, perdieron su calado. Y si la geología dañó el comercio marítimo, la teología hizo lo propio con el terrestre. El auge del protestantismo en el norte de Europa puso fin al otro gran negocio gallego, las peregrinaciones, con el mismísimo Lutero calificando de «invención literaria» los restos apostólicos. «No se sabe si lo que está enterrado es un caballo muerto o un perro muerto», le dijo al elector de Sajonia. El Camino de Santiago cerró con pérdidas.". Así mesmo, tamén cabería explicalo na resistencia dos nobres galegos perante os Reis Católicos. Son destacables as rebeldías sostidas, por orde cronolóxica, por Pedro Álvarez, conde de Soutomaior (Pedro Madruga), polo mariscal Pardo de Cela, e polos sucesivos condes de Lemos, Pedro Álvarez Osorio e Rodrigo Henríquez de Castro. Todos eles compartían o común denominador da forte oposición militar ao proxecto político baseado na unificación territorial dos Reis Católicos, que supuña a imposición do autoritarismo monárquico. A resistencia exercida por estes nobres foi adoptada por moitos como un carácter innato do reino e das súas xentes, así o cronista aragonés Jerónimo Zurita describiu aquela situación do seguinte xeito:

Sufocada xa toda oposición no reino, en 1486 os Reis Católicos visitaban Galicia e en setembro do mesmo ano daban por finalizadas a medidas políticas e militares para "mandar proveer e castigar las cosas del Bierzo e del reyno de Galizia". A consecución final do pleno dominio rexio en Galicia foi o que Zurita chamaría “domar aquela terra de Galicia”.Traducido do orixinal: "domar aquella tierra de Galicia" Galicia ficou así convertida nun territorio periférico, marxinado e os galegos comezan a ser vistos como xentes obstinadas, pobres e analfabetas.

Primeiras manifestacións Contra as mulleres galegas Entre as primeiras manifestacións de galegofobia está o tratamento que se lle dá á muller galega, albo de mofa e desprezo na literatura do século XVI. Así, por exemplo, sucede no poema "Redondillas a la moza gallega" (1594) do poeta valenciano Jaime Orts:

Durante os séculos XVI e XVII, moitas mulleres galegas marcharon a Madrid para buscar sustento traballando como servas. Os señores para os que traballaban utilizaban a súa condición servil para aproveitarse delas, polo que chegaban a ser acosadas, humilladas e mesmo violadas.

miniatura|page=10|Artigo "¿Sábese el porqué del odio al gallego?", en Patria Galega (A Habana), en 1946. Século XX O portugués Anselmo de Andrade, na súa obra Viagems na Espanha, destaca que " ... non hai terra menos coñecida e máis calumniada ca Galicia".Extracto de Otra mirada de Galicia .

O xornalista ourensán Julio Camba, nun artigo publicado no xornal El Sol, escribía sobre como, tras dar a coñecer a súa condición de galego, houbera quen lle chegara a dicir: "Gallego? Pues nadie lo creería. No se le nota a usted nada, ¿verdad?".El Sol, 6 de setembro de 1919 .

Dentro da represión franquista, o galego xunto co catalán e o éuscaro formou parte da represión lingüística. É coñecido o panfleto que dicía "Hable bien. Sea Patriota. No sea Bárbaro. Es de cumplido caballero que Usted hable nuestro idioma oficial, o sea, el castellano. Es ser patriota. Viva España y la disciplina y nuestro idioma cervantino ¡¡Arriba España!!" editado pola Imprenta Sindical da Coruña en 1941Imaxe do panfleto e 1955.

A publicación de Da esencia da verdade de Martin Heidegger é de interese para a historia social do galego porque a súa tradución en 1952 por parte de Ramón Piñeiro foi prohibida pola censura franquista. Non se impediu especialmente por parte do censor de oficio García Yebra, senón pola acción específica de Juan Aparicio, quen non tivo problemas en admitir a publicación doutras obras en galego mesmo fóra da legalidade debido á súa temática menos elevada. A publicación realizaríase definitivamente en 1956 debido á chamada Batalla de Montevideo, a acción de protesta da emigración galega no congreso da UNESCO onde se admitiría a España na organización.

Tamén hai casos de autoodio entre galegos, ben por rexeitaren ou ben por menosprezaren a súa condición de tales. Un exemplo paradigmático, con certo eco na prensa da época, rastréxase nas columnas de opinión e en cartas ao director, como por exemplo a remitida por un lector coruñés, Juan M. Riveiro, o 29 de novembro de 1986 ao xornal La Voz de Galicia, que sería contestada en cartas sucesivas por outros lectoresLa Voz de Galicia, 8 de decembro de 1986, p. 45 e colectividades.La Voz de Galicia, 8 de xaneiro de 1981, p. 53 Nela, exprésasabe nestes termos:

Século XXI miniatura|Steiner en 2013. Diversos medios, tanto de ámbito galego como sobre todo de ámbito estatal, (El Mundo ou ABC) empregaron o termo "galego" para se referir de xeito pexorativo ao presidente do Goberno do Estado Español, Mariano Rajoy Brey.

Expresións coma "Rajoy, como bo galego, evita contestar a preguntas" ou "Un Rajoy máis galego ca nunca. O popular non se implica", son adoito empregadas polos medios para se referir á ambigüidade e pouca claridade do presidente do Goberno.

Outro caso galegófobo destacable é o de George Steiner, quen tivo a seguinte agarrada en 2008 respecto do uso da lingua galega, aínda que despois pediu perdón polas declaracións:

En 2010, a daquela presidenta do partido político español UPyD Rosa Díez, referiuse ao expresidente do Goberno Español, José Luis Rodríguez Zapatero, nunha entrevista con Iñaki Gabilondo, coma "galego, no sentido pexorativo da palabra". Ela mesma cualificou tamén a Zapatero como non nado en Galicia, pero que "se sentiría orgulloso de ser galego".

En 2011, a concelleira de Cultura polo concello da Coruña, a popular Ana Fernández, criticou a programación cultural que se levara a cabo nos anos anteriores na cidade da Coruña, cualificándoa como "demasiado galega". Este feito levou á reprobación da oposición da cidade, así como da Mesa pola Normalización Lingüística, que tachou este comportamento de "galegófobo", pedindo o cesamento da concelleira.

En 2012, a revista Yo Dona entrevistou a Elvira Fernández, muller de Mariano Rajoy, definíndoa como "nada galega" en referencia ao seu carácter directo e claro. En 2014, o director de cinema español Pedro Almodóvar referiuse aos estafados polas preferentes de Bankia coma "galegos, analfabetos", aínda que pediu desculpas pouco despois aludindo que se expresara "torpemente". miniatura|249x249px|Anuncio corrixido na Coruña dunha asociación galegófoba. O mesmo que acontece cos medios, no ámbito social pode estar presente a galegofobia.<ref>A galegofobia non existe], artigo no blog de Carlos Callón no que se expón de maneira directa un caso de galegofobia a partir dunha entrevista a Elvira Fernández Balboa, esposa do político conservador Mariano Rajoy.</ref> En 2007 transcendeu nos medios a normativa dun hotel da illa pontevedresa da Toxa, a cal prohibía de xeito explícito o uso do idioma galego por parte do persoal. Malia ser negado pola subdirección do hotel, o establecemento foi denunciado pola Mesa pola Normalización Lingüística á Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Valedor do Pobo e á xerencia de Galicia Calidade, distintivo que dispoñía dito hotel. Tamén no eido laboral, saltaba á prensa a nova dun hotel rural de Asturias cuxa xerente desprezaba o currículo dunha moza por especificar que posuía un nivel alto de idioma galego, ao consideralo "ridículo, absurdo e innecesario".

En 2013, a cadea El Corte Inglés foi obxecto de polémica ao situar, nos establecementos situados en Galicia, os libros en lingua galega na sección de linguas estranxeiras.

En xullo de 2015 o Centro Hípico Casas Novas foi denunciado perante a Mesa pola Normalización Lingüística por discriminación, debido a ataques recibidos por unha nena de 10 anos e a vulneración dos dereitos lingüísticos da mesma por falar en galego durante a celebración dun campamento hípico."O que pide a miña nena é que non se humille a ninguén máis en Casas Novas por falar galego""O Centro Hípico Casas Novas de Arteixo humilla unha nena de dez anos por falar en galego", artigo na web da Mesa pola Normalización Lingüística, 27 de xullo de 2015.