miniatura|Figura en vértice 3.3.3.3.3 Un icosaedro é un poliedro de vinte caras, convexo ou cóncavo. Se as vinte caras do icosaedro son triángulos equiláteros e congruentes, iguais entre si, o icosaedro é convexo e denomínase regular, sendo entón un dos chamados sólidos platónicos. O poliedro conxugado do icosaedro é o dodecaedro.

O vocábulo icosaedro procede do grego eikosaedron, de εἴκοσι éikosi "vinte" e ἕδρα hedra "asento, cara".

Cálculo de dimensións fundamentais Raio externo Se a é a lonxitude dunha aresta dun icosaedro regular, o raio dunha esfera circunscrita (unha que toca o icosaedro en todos os seus vértices) é

Raio interno O raio dunha esfera inscrita (tanxente ás caras do icosaedro) é

Ángulo O ángulo que forman os vectores que van do centro a dous vértices adxacentes é constante e vale:

Volume, área e desenvolvemento miniatura|100px|Animación dun dos desenvolvementos do Icosaedro. Dado un Icosaedro regular de aresta a, pódese calcular o seu volume V mediante a seguinte fórmula: (Aproximadamente 2,18•a³)

e a área total das súas caras A (que é 20 veces a área dunha delas, Ac), mediante:

(Aproximadamente 8,66•a²) Desenvolvemento do icosaedro: Desenvolvemento do icosaedro.

Coordenadas cartesianas e estrutura Ficheiro:Icosahedron-golden-rectangles.png miniatura|Os 12 pentágonos internos que constitúen o icosaedro determinan as caras do dodecaedro grande. As seguintes coordenadas cartesianas definen os vértices dun icosaedro centrado na orixe: (0, ±1, ±φ) (±1, ±φ, 0) (±φ, 0, ±1) Onde φ = (1+√5)/2 é a razón áurea. Cómpre salientar que os vértices dun icosaedro forman grupos de tres rectángulos áureos ortogonais entre si. O icosaedro contén no seu interior 15 rectángulos áureos: cada rectángulo contén dúas arestas opostas. Isto débese a que dous lados do rectángulo son a aresta do icosaedro e os outros dous son as diagonais de dous pentágonos regulares paralelos xirados 180 graos. A diagonal do pentágono regular está en proporción áurea co lado do pentágono, que neste caso é a aresta do icosaedro.

O icosaedro, a pesar de estar formado por 20 triángulos equiláteros, pode considerarse como a unión de 12 pentágonos regulares internos. A intersección dos pentágonos entre eles orixina as 30 arestas que conforman o icosaedro. Os 12 pentágonos regulares mencionados determinan as caras do gran dodecaedro, un dos sólidos de Kepler-Poinsot.

Proporcións áureas no icosaedro No icosaedro pódese atopar varias veces o número áureo. Na imaxe da esquerda pódense apreciar algunhas proporcións áureas presentes no icosaedro: esquerda CD/AB = φ; EG/FG = φ AD/GD = φ; KH/IK = φ GD/AG = φ; BN/MN = φ CL/CI = φ; AH/GN = φ MN/BM = φ; BM/BF = φ FG/EF = φ; BF/FM = φ IK/HI = φ; GD/MD = φ CI/LI = φ; MD/GM = φ BC/CG = φ; CG/GB = φ

Notas

Categoría:Poliedros