Antonio Sandoval Rey, nado na Coruña en 1967, é un ornitólogo e escritor ambientalista galego.

Traxectoria Foi vicepresidente da Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), presidente do Grupo Naturalista Hábitat da Coruña, e Coordinador do Grupo Ibérico de Aves Marinas (GIAM) da Sociedad Española de Ornitología - SEO/BirdLife. Ten escrito numerosos artigos sobre ornitoloxía para publicacións científicas e xeneralistas, e participado na edición de revistas e boletíns ornitolóxicos.

Colabora con diversos medios, en particular La Voz de Galicia a través de Prensa escuela, equipo do que forma parte.

Obras ¿Para qué sirven las aves? (2012). Las aves marinas de Estaca de Bares. Un diario personal (2015). BirdFlyway. Un viaje en familia por "La Ruta de las Aves" (2016, novela). El árbol de la escuela (2016, álbum ilustrado por Emilio Urberuaga). Cuándo ver aves en Galicia (2014, coautor).

A outra xente (Luzes, 2022). Notas

Categoría:Ornitólogos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Nados na Coruña

Categoría:Nados en 1967