Efrén foi un eclesiástico grego, que exerceu como metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus no século XI, baixo a autoridade do patriarcado de Constantinopla. Traxectoria Se ten mención del en 1055, e no obituario da catedral de Santa Sofía de Kíiv aparece como sucesor do metropolita Hilarión. Nese ano condenou ao bispo de Novgorod Luka Zhidiata a prisión ante a acusación dun servidor.
Descoñécese cando foi nomeado e cando finou, mais sábese que bendeciu a igrexa de Santa Sofía de Kíiv nun 4 de novembro. Se a bendición foi en domingo, como era habitual, tería que ter sido en 1061 ou 1067. En 1072 sábese que foi nomeado un novo metropolita, Xurxo. Notas
Categoría:Bispos ortodoxos de Ucraína Categoría:Bispos ortodoxos do século XI Categoría:Bispos da Igrexa ortodoxa de Constantinopla