Asian Dub Foundation é unha banda inglesa de música electrónica fundada en Londres no ano 1993. O grupo toca unha mestura de rapcore, dub, dancehall e ragga, usando tamén instrumentos de rock, recoñecendo unha influencia do punk na súa música. O seu distintivo son tamén combina liñas de baixo indo-dub, guitarras agudas inspiradas no sitar e sons tradicionais asiáticos.

Ata a data Asian Dub Foundation levan publicados doce álbums de estudio, dous deles unicamente en Francia, e un feixe de sinxelos e EPs.

Discografía Álbum Ano Selo Observacións Facts and Fictions 1995 Virgin France R.A.F.I. 1997 Labels Só publicado en Francia Rafi's Revenge 1998 Slash/London, PolyGram Records Conscious Party 1998 Labels Orixinalmente só publicado en Francia Community Music 2000 Ffrr Records Frontline 1993-1997: rarities and remixes 2001 Nation remesturas Enemy of the Enemy 2003 Ffrr Records Live: Keep Bangin' on the Walls 2003 Rise It Out Ao vivo Tank 2005 EMI Time Freeze: The Best of Asian Dub Foundation 2007 EMI Recompilatorio Punkara 2008 Naïve Records A History of Now 2011 Beat Records The Signal and the Noise 2013 Beat Records More Signal More Noise 2015 ADF Communications

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de música electrónica