Francisco Javier Cárdenas Pérez, nado en Barcelona, o 18 de maio de 1970, é un presentador de televisión, cantante e locutor de radio español.

Radio Con tan só nove anos de idade comeza a traballar na radio no programa Peques Unic de Radio Juventud. Ós 16 anos comeza a retransmitir partidos de fútbol en Antena 3 Radio.

Tamén colaborou no espazo Arús con leche dirixido polo seu cuñado Alfonso Arús, esposo da súa irmá María de los Ángeles (Angie).

De 1990 até 1995 encárgase de retransmitir partidos de fútbol, tanto en Radio Club 25 como para M80 Radio (da Cadea SER).

No ano 1997 dirixe e presenta Segundos Fuera, en Radio España. Alí realizábanse multitude de sketches radiofónicos, coas voces dos principais personaxes deste país. Algo parecido faría máis tarde no programa Al ataque, de Onda Rambla, onde facía un repaso acedo, e en clave de humor, sobre as novas máis destacadas da semana.

Dende o ano 2006 dirixe e presenta o programa Atrévete, en Cadena Dial, xunto a MJ Aledón, Isidro Montalvo, Roberto Alcaraz, Luis Rollán entre outros. Segundo o Estudio General de Medios (EGM) o programa Atrévete foi o segundo matinal con máis crecemento en España.

En 2008, foi galardoado co Premio Ondas á innovación radiofónica por combinar información, humor e entretemento, organizando un cruceiro no que durante unha fin de semana realizou radio en vivo, con actuacións musicais e concursos, coa participación en directo dos oíntes, e a convivencia dos comunicadores e artistas coa audiencia.Javier Cárdenas y el premio Ondas 2008 a la innovación radiofónica

Notas

Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Cantantes de Cataluña Categoría:Directores de cinema de Cataluña Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Xornalistas radiofónicos de España Categoría:Nados en 1970 Categoría:Presentadores de televisión de Cataluña