Propagandhi é unha banda canadense de punk rock formada en Portage la Prairie, Manitoba en 1986 polo guitarrista Chris Hannah e o batería Jord Samolesky. Hoxe en día o grupo está baseado en Winnipeg, Manitoba e complétano o baixista Todd Kowalski e o guitarrista Sulynn Hago.
Mentres que os seus primeiros traballos estaban aliñados coa tradición punk rock e skate punk, nos seus últimos anos os discos de Propagandhi movéronse cara a un son máis pesado influenciado polo heavy metal máis técnico. Tanto nas súas letras como no seu activismo, os membros da banda defenden varias caousas de esquerdas e anarquistas e o veganismo.
Discografía Álbum Ano Selo How to Clean Everything 1993 Fat Wreck Chords Less Talk, More Rock 1996 Fat Wreck Chords Today's Empires, Tomorrow's Ashes 2001 G7 Welcoming Committee, Fat Wreck Chords Potemkin City Limits 2005 G7 Welcoming Committee, Fat Wreck Chords Supporting Caste 2009 G7 Welcoming Committee, Smallman, Hassle Failed States 2012 Epitaph Records Victory Lap 2017 Epitaph Records At Peace 2024 Epitaph Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais do Canadá Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais formados en 1986