Isis foi unha banda estadounidense de post-metal fundada en Boston, Massachusetts en 1997, aínda que posteriormente se asentou nos Ánxeles (California). O grupo tomou prestado e axudou a desenvolver o son pioneiro de artistas como Neurosis e Godflesh. A súa música, influenciada polo heavy metal, está formada por longas cancións centradas na repetición e na evolución da estrutura. O derradeiro álbum de estudio de Isis, Wavering Radiant, publicouse en maio de 2009. A banda separouse en xuño de 2010, xusto antes de editar un EP compartido cos Melvins.

Discografía Álbum Ano Selo Celestial 2000 Escape Artist, Hydra Head Oceanic 2002 Ipecac Recordings Panopticon 2004 Ipecac Recordings In the Absence of Truth 2006 Ipecac Recordings Wavering Radiant 2009 Ipecac Recordings

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Boston, Massachusetts Categoría:Grupos musicais de post-metal Categoría:Grupos musicais de sludge metal Categoría:Grupos musicais formados en 1997 Categoría:Grupos musicais separados en 2010