Type O Negative foi unha banda estadounidense de metal gótico formada en Brooklyn, Nova York en 1989, por Peter Steele (voces e baixo), Kenny Hickey (guitarra e coros), Josh Silver (teclados e coros) e Sal Abruscato (batería e percusión), que posteriormente foi substituído por Johnny Kelly. O seu énfase lírico en temas de romance, depresión e morte deulles o alcume de "The Drab Four" (en homenaxe ao algume dos Beatles "Fab Four"). A banda conseguiu o disco de platino co seu álbum de 1993 Bloody Kisses, e o de ouro con October Rust, de 1996, e gañou unha gran base de seguidores grazas aos seus sete álbums de estudio, dous recompilatorios de grandes éxitos e varios concertos en DVD.

O 14 de abril de 2010, o vocalista, baixista e principal compositor Peter Steele morreu dunha insuficiencia cardíaca provocada por un aneurisma aórtico. Kenny Hickey e Johnny Kelly afirmaron nunha entrevista en novembro de 2010 na revista francesa Rock Hard que a banda non continuaría.

Discografía Álbum Ano Selo Slow, Deep and Hard 1991 Roadrunner Records The Origin of the Feces 1992 Roadrunner Records Bloody Kisses 1993 Roadrunner Records October Rust 1996 Roadrunner Records World Coming Down 1999 Roadrunner Records Life Is Killing Me 2003 Roadrunner Records Dead Again 2007 SPV / Steamhammer

Notas

Categoría:Grupos musicais de Brooklyn‎ Categoría:Grupos musicais de metal gótico Categoría:Grupos musicais de doom metal Categoría:Grupos musicais formados en 1989 Categoría:Grupos musicais separados en 2010