Obituary é unha banda estadounidense de death metal formada en outubro de 1984 en Tampa, Florida. Initicialmente chamouse Executioner, nome que cambiaría por Xecutioner en 1986 para evitar confusións co grupo de thrash metal Executioner de Boston, e posteriormente volverían cambiar polo definitivo Obituary en 1988. A día de hoxe a banda está composta polo vocalista John Tardy, o guitarrista Kenny Andrews, o guitarrista Trevor Peres, o baixista Terry Butler e o batería Donald Tardy. Obituary pasou por varios cambios na súa formación, sendo só Peres e os irmáns Tardy os únicos membros constantes. A banda tivo un papel fundamental no desenvolvemento da música death metal, e é un dos grupos do xénero máis exitosos de todos os tempos. Ata a data Obituary leva publicados dez álbums de estudio.
Discografía Álbum Ano Selo Slowly We Rot 1989 Roadrunner Records Cause of Death 1990 Roadrunner Records The End Complete 1992 Roadrunner Records World Demise 1994 Roadrunner Records Back from the Dead 1997 Roadrunner Records Frozen in Time 2005 Roadrunner Records Xecutioner's Return 2007 Candlelight Records Darkest Day 2009 Candlelight Records Inked in Blood 2014 Gibtown Music/Relapse Records Obituary 2017 Gibtown Music/Relapse Records Dying of Everything 2023 Relapse Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Florida Categoría:Grupos musicais de death metal Categoría:Grupos musicais formados en 1984