Ernest Simoni, nado o 18 de outubro de 1928 en Troshani, (Albania) é un cardeal e presbítero católico latino albanés.
Traxectoria Naceu en Troshani o 18 de outubro de 1928, e foi ordenado sacerdote o 7 de abril de 1956.
Foi detido en 1963, acusado de facer unha misa memorial polo presidente John F. Kennedy. Foi torturado e condenado á morte, pero a sentenza foi transformada a vinte anos de prisión con traballos forzados. Era o pai espiritual dos detidos.
O 21 de setembro de 2016, durante a súa visita a Tirana, o papa Francisco emocionouse polo testemuño de padre Simoni sobre a súa persecución e ó final se fundiron nunha aperta.
O 19 de novembro de 2016, o papa Francisco creouno cardealAnnuncio di Concistoro il 19 novembre per la creazione di nuovi Cardinali co título de Cardeal-Diácono de Santa Maria della Scala. É o segundo prelato albanés que recibe o barrete cardinalício, despois do padre Mikel Koliqi.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Don Simoni: “Seminate con fiducia, Lui ha vinto il mondo”
Categoría:Cardeais creados por Francisco Categoría:Cardeais de Albania Categoría:Nados en 1928 Categoría:Nados no condado de Lezhë Categoría:Sacerdotes católicos de Albania