Sergio Álvarez Rodríguez de Villamil, ou de Villaamil, nado en Madrid o 14 de marzo de 1889, e finado ibídem o 7 de maio de 1960, foi médico e político español, alcalde de Madrid durante a Segunda República. Traxectoria Accedeu ó concello de Madrid en outubro de 1934, ó facerse cargo do concello unha xestora tras os sucesos revolucionarios de devandita data, con Rafael Salazar Alonso como alcalde. Villamil substituíu a Salazar (que dimitiu por mor do escándalo do "estraperlo") en outubro de 1935 e ocupou o cargo de alcalde até o triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, que restauraron a corporación municipal destituída en 1934.
Dá nome á estación do tren lixeiro Álvarez de Villamil no PAU de Sanchinarro de Madrid. Notas
Categoría:Alcaldes de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1960