Ambrosio de Morales, nado en Córdoba en 1513, e finado ibídem o 21 de setembro de 1591, foi un humanista, historiador e arqueólogo español.

Traxectoria Foi fillo de Antonio de Morales, médico e catedrático da Universidade de Alcalá, e de Mencia de Oliva.Os seus pais son nomeados en diversos documentos notariais como Antonio García de Morales e Mencia Rodríguez de Oliva (Cobo Sampedro 1879: p. 4)Redel 1909: pp. 19-23. Trasladouse coa súa familia a Montilla, e ós poucos anos regresou a Córdoba, onde comeza os seus estudos de Gramática co crego Alejo Montesino, tendo once anos de idade.Redel 1909: pp. 43-44. Cursou os seus estudos na Universidade de Salamanca xunto ó seu tío,Redel 1909: pp. 48 i 50. o famoso humanista Fernán Pérez de Oliva, que era catedrático e reitor desa Universidade; de feito, corrixiu e editou a obra deste. Morales foi discípulo de Melchor Cano e interesouse pola lingüística, xa que compuxo un Discurso sobre la lengua castellana. En 1531, morto o seu tío, regresou a Córdoba e en 1533 profesou na Orde Jerónima.Redel 1909: pp. 63-64. Foi ordenado sacerdote e ensinou como catedrático de retórica na Universidade de Alcalá dende 1550.

Historiador Cara a 1559 recibiu Morales os primeiros encargos da monarquía. Filipe II designouno en 1572 para realizar unha viaxe de estudo polos reinos de León, Galicia e Asturias, viaxe da que escribiu unha relación, titulada Viage de Ambrosio de Morales por orden del Rey D. Phelippe II a los Reynos de León, y Galicia y Principado de Asturias; no curso desta viaxe foi reunindo reliquias, libros, documentos, obxectos e manuscritos que salvou para as coleccións reais do mosteiro do Escorial. Pero, non contento con iso, persuadiu ó mesmo rei para que ordenase a realización dunhas Relaciones sobre a historia e topografía dos pobos de España baseadas en respostas a uns cuestionarios deseñados por el nos que se solicitaban, entre outros, datos toponímicos, arqueolóxicos, históricos e eclesiásticos. As respostas ou Relaciones, que se conservaron, reuníronse en oito volumes que ofrecen unha auténtica radiografía da España da época, e moitos dos seus datos serviron para as súas obras históricas, así como as informacións que obtivo de colaboradores preparados rigorosamente sobre cuestións históricas e antigüidades, como Juan Fernández Franco, Antonio Agustín, André de Resende ou Jerónimo Zurita. Deste último en particular defendeu os Anales de la Corona de Aragón contra os ataques de Santa Cruz; con ese labor escribiu o seu Apología de los Anales.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Juan de Sanclemente

Categoría:Nados en Córdoba Categoría:Nados en 1513 Categoría:Finados en 1591 Categoría:Historiadores de España