José María Louzán Martínez, nado en Iñás (Oleiros) cara 1892 e finado en Iñás o 20 de novembro de 1952, foi un político galego.

Traxectoria Durante a súa mocidade emigrou temporalmente a Estados Unidos e participou na guerra de Melilla. Trasladouse á Coruña onde aprendeu o oficio de carniceiro e, co tempo foi dono de dúas: unha no Burgo (Culleredo) e outra no Carballo (Oleiros).

Residente no Burgo, foi presidente do club de fútbol "Spórting Burgo" e, militante de Izquierda Republicana foi presidente da agrupación local dese partido no Burgo dende decembro de 1935. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado alcalde de Culleredo o 21 de marzo.

A tensión e violencia previa á Guerra Civil marcou o seu mandato, recolléndose varios episodios anticlericais como a queima da igrexa de Almeiras, ou xa coñecida a sublevación do 18 de xullo, as bombas nos templos do Burgo, Sueiro e Culleredo.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado na Coruña por rebelión, sendo sobresida a súa causa. Exiliouse na Arxentina en 1937, onde nos anos seguintes se reencontraría coa familia. Instalado no barrio bonarense de Palermo, rexentou unha carnizaría ata 1964. Finou en 1989 no Hospital Alemán de Bos Aires.

Na súa lembranza o Concello de Culleredo nomeou unha rúa como "Alcalde José María Louzán Martínez" no lugar de Acea da Ama, O Burgo.

Vida persoal Casou con Carmen Jaspe Dans, malia a oposición da familia dela por mor da diferenza socioeconómica. Tiveron dez fillos, inda que sobreviron cinco. Todos eles, canda a súa dona e catro irmáns, instaláronse na Arxentina logo da Guerra Civil.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Pereira Martínez, Carlos (2017). "José María Louzán Martínez: Alcalde de Culleredo coa Fronte Popular". Terra e Tempo. Consultado o 5 de setembro de 2026.

Categoría:Alcaldes de Culleredo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia por Izquierda Republicana Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Oleiros Categoría:Nados en 1878

Categoría:Finados en 1952

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes