Henry John Heinz, nado en Pittsburgh (Pensilvania) o11 de outubro de 1844, e finado na mesma cidade o 14 de maio de 1919, foi un empresario estadounidense, fundador da H. J. Heinz Company.

Traxectoria

Fillo de inmigrantes alemáns de Baviera que chegaron ós Estados Unidos a comezos da década de 1840. Heinz desenvolveu o seu negocio nunha compañía nacional que fixo máis de 60 produtos alimenticios. Un dos seus primeiros foi o ketchup de tomate. Foi influente para a introdución de altos estándares sanitarios para a fabricación de alimentos. É recoñecido porque exerceu unha relación paternal cos seus traballadores, proporcionando beneficios de saúde, instalacións recreativas e servizos culturais. Os seus descendentes continuaron co negocio até hai pouco, vendendo as súas accións restantes á compañía predecesora do que agora é Kraft Heinz. Heinz foi o bisavó do ex senador estadounidense H. John Heinz III de Pensilvania.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1844 Categoría:Nados en Pittsburgh, Pensilvania Categoría:Finados en 1919 Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América