Frutos Burgos Ramos, nado en Casla (Segovia) o 29 de decembro de 1899 e finado en Higüey (La Altagracia, República Dominicana) o 29 de marzo de 1976, foi un mestre e político español.
Traxectoria Fillo de mestra, con 17 anos fíxose mestre. Seguidor da Institución Libre de Enseñanza. Foi mestre interino en San Ildefonso e noutras escolas da provincia de Segovia. En 1927 conseguiu praza en Paraños (Covelo), onde casou con Luisa Costa Sampedro. Coa proclamación da Segunda República foi presidente da Comisión Xestora do concello de Covelo.El Pueblo Gallego, 17-8-1932, p. 9. En agosto de 1931 foi destinado a Gáldar (Illas Canarias). Foi o primeiro presidente da FTE-UGT das Palmas en 1932,Manuel Ferraz Lorenzo, Antecedentes, origen y consolidación histórica del sindicalismo de la enseñanza en Canarias (1905-1936) presidente da directiva da Federación Obreira de Gáldar e participou no II Congreso da FTE en abril de 1933. Colaborou en La Prensa de Santa Cruz de Tenerife. En agosto de 1933 foi destinado a Pantín (Valdoviño). En febreiro de 1936 foi elixido alcalde de Valdoviño. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse un tempo en Pontevedra e despois fuxiu a Portugal. Foi xulgado en Ferrol por rebelión e declarado en rebeldía. A súa muller e fillos maltratados fóronse a Covelo. O seu pai foi ingresado nun campo de concentración en Segovia. Foi separado do servizo e dado de baixa na escala en 1940.El Compostelano,30-9-1940, p. 2. Desde Francia exiliouse na República Dominicana arribando a Puerto Plata o 16 de maio de 1940.
Recoñecementos
O 25 de xuño de 2005 os veciños de Pantín colocaron na escola unitaria unha placa de homenaxe aos mestres represaliados en 1936 Frutos Burgos Ramos, Reinaldo Sarria Delgado, José Ambrós Gordillo, Manuel López González e Joaquín Pérez Garre."Memoria de un hombre bueno", La Voz de Galicia, Ferrol, 24-6-2005, p. 12. Vida persoal
Casou en Covelo con Luisa Costa Sampedro en 1927, e foi pai de Frutos, Juan, Libertad e Hortensia Burgos Costa.Memoria de un hombre bueno
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Memoria de un hombre bueno Alcaldes de Valdoviño
Categoría:Profesores de España Categoría:Alcaldes de Valdoviño Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Exiliados do franquismo Categoría:Nados na provincia de Segovia Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1976