Lois é un nome propio masculino galego. Luís é unha variante recoñecida deste nome. A súa forma primitiva provén do fráncico (lingua xermánica da que descenden as linguas baixo francas), Hluot-wig ou Hlodowig (Hlod, 'ilustre, famoso, recoñecido'; wig, 'combate'), que quere dicir “Ilustre no combate” ou “Ilustre na batalla”. Polo mesmo, Lois é a forma moderna do nome Clodoveo do que derivan tamén Ludwig (alemán), Ludovico (italiano) e Louis (francés). É un nome moi estendido en Francia, e foi empregado por dezaoito dos seus reis. A forma feminina é Luísa.

En xaneiro de 2023 existían 1.264 varóns en Galicia co nome Lois, cunha media de idade de 12,7 anos.Nome Lois na Web do Instituto Galego de Estatística

Equivalencias noutras linguas Lingua Nome Alemán Ludwig Anglosaxón HloþwigAragonés Loís, Lluis, LloísEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Asturiano Lluís, Llubis Bretón Loeiz Catalán Lluís Checo Ludvík Chinés 路易 (Lùyì) Croata Luj Emiliano-Romañol Lüìg' Eslovaco Ľudovít Esloveno Ludvik Esperanto Ludoviko Éuscaro Koldobika, Koldo Francés Louis, Ludovic, Loïc, Clovis Grego Λουδοβίκος (Ludovíkos) Hebreo לואיס (Luis) Húngaro Lajos Inglés Louis ou Lewis Irlandés Alaois, Alabhaois, Lughaidh, Savy Islandés Loðvík Italiano Ludovico, Luigi, Aloisio, Alvise, Gigi Latín Ludovicus, Aloysius Letón Lujs Lituano Liudvikas Neerlandés Lodewijk Occitano Loís Polaco Ludwik Portugués Luís, Luiz, Aloísio, Aluísio, Ludovico Romanés Ludovic Ruso Людовик (Liudovík) Sueco, danés, noruegués Ludvig Valenciano Lluís, Ludovic, Lluiso, Uiso Xaponés ルイス, (Ruisu) Xeorxiano ხლოდვიგი Khlodvigi

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega

Categoría:Nomes masculinos de orixe xermánica Categoría:Nomes masculinos galegos