O huasteco é unha lingua maia falada polo pobo huasteco, que habita no norte da costa do golfo de México, nos estados de San Luis Potosí, Veracruz e Tamaulipas. É a única lingua viva da póla huastecana desa familia lingüística trala extinción do chicomucelteco, confirmada na década de 1980. Tamén é a única que se atopa fóra do gran ámbito territorial das linguas maias, é dicir, o sueste de México (lingua nacional), Guatemala e O Salvador. As hipóteses para explicar esta separación apuntan a dúas posibilidades: que antes da separación lingüística, había un corredor de linguas maias que abranguía toda a costa do golfo, ou ben; que hai uns tres mil anos, os falantes do devanceiro do huasteco emigraron dende a área nuclear maia cara ó norte.

O nome da lingua na propia fala é Téenek, aínda que é coñecida polo xeral como "huasteco". Este é en realidade o nome náhuatl que pasou despois ó castelán.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Ariel de Vidas, A. 2003. “Ethnicidad y cosmologia: La construccion cultural de la diferencia entre los teenek (huaxtecos) de Veracruz”, in UNAM, Estudios de Cultura Maya. Vol. 23. Campbell, L. e T. Kaufman. 1985. “Maya linguistics: Where are we now?,” in Annual Review of Anthropology. Vol. 14, pp. 187–98 Dahlin, B. et al. 1987. “Linguistic divergence and the collapse of Preclassic civilization in southern Mesoamerica”. American Antiquity. Vol. 52, No. 2, pp. 367–82.

Categoría:Linguas maias Categoría:Linguas de México Categoría:Linguas aglutinantes