Antonino Cerviño González, nado en Areas (Tui) en 1853 e finado en Tui o 2 de xaneiro de 1928El Compostelano, 3-1-1928, p. 3., foi un sacerdote e escritor galego.

Traxectoria Foi profesor do Seminario de Tui, penitenciario e cóengo arcediano de Tui. Fundou o periódico La Integridad, desde o que sostivo polémicas e controversias. Participou nos Xogos florais de Tui (1891).

Foi membro correspondente da Liga Galega da Coruña e da Real Academia Galega.Membros da Academia. Correspondentes RAG. Foi irmán do tamén relixioso Florencio Cerviño González.

Obras Prólogo de La emigración gallega, 1902, de Javier Vales Faílde, 22 páxinas. "Discurso del canónigo Antonio Cerviño 1902, en defensa de las órdenes religiosas", 36 páxinas. Defensa de La Coruña en 1589, 1903, 38 páxinas. Las guerras feudales en Galicia, 1920, 81 páxinas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en 1853 Categoría:Nados en Tui Categoría:Finados en 1928 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público