Andrés Tojeiro Fraguela, nado na Coruña en 1960, máis coñecido como Andrés Toxeiro, é un escritor e articulista sobre temas de caza e natureza. É autor de varios libros e distintos traballos de divulgación publicados en revistas nacionais. Traballou para a Xunta de Galicia como experto educativo na reforma do ensino medio, e na actualidade exerce de profesor nun instituto coruñés.
Publicacións A caza do xabarín en Galicia (Ir Indo, 1995).Imaxe da portada Memorias de Viriato (Ir Indo, 2001). Pichi Pedramea (Imprenta Cedeira, 2005). Deixade pois que voe o paporroibo, que vos conte contos (Editorial O Paporroibo, 2001, coautor). Exemplificacións didácticas, de Ramón López Facal (1991, Consellería de Educación, coautor). Amais, escribiu diversos artigos publicados na revista Perros de caza e noutras de caza e natureza,Como: Trofeo nº 277, Caza e pesca galega nº 34 e Federcaza nº 279. e colaborou en varios libros de texto.
Premios 1º premio no Campionato de España de rastrexo. Premio “Mellor monteiro nacional”.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog de David Taboada Camba 20/10/2016. Club de caza. Entrevistas de Eliseo López Díaz.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1960 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes