in•ter a•li•a é o cuarto álbum da banda estadounidense de post-hardcore At the Drive-In, publicado o 5 de maio de 2017 a través do selo Rise Records. Trátase do seu primeiro álbum de estudio en 17 anos dende o lanzamento de Relationship of Command, e é a súa primeira edición dende o recompilatorio de 2005 This Station Is Non-Operational. Tamén é o primeiro traballo dende El Gran Orgo no que non aparece o membro fundador Jim Ward, que decidiu non participar na segunda reunión do grupo. É ademais o primeiro disco de estudio no que está o antigo guitarrista de Sparta Keeley Davis.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de At the Drive-In Categoría:Álbums musicais de 2017 Categoría:Álbums de Rise Records