Suzanna Arundhati Roy, nada o 24 de novembro de 1961, é unha escritora, novelista e activista antiglobalización india. Foi a primeira persoa india que gañou o Man Booker Prizehttp://www.chitram.org/mallu/ar.htm . Título: ARUNDHATI ROY - A LIFE FULL OF BEGINNINGS AND NO ENDS. Publicado=chitram.org. Data do acceso o 20 de agosto de 2012 pola súa primeira novela, O deus das pequenas cousas, en 1997. En 2002 gañou o Lannan Cultural Freedom Prize.

Biografía Naceu no estado indio de Meghalaya, de nai cristiá (da Igrexa ortodoxa siríaca) de Kerala e de pai hindú de Bengala. Pasou a súa infancia en Aymanam, Kerala. Con 16 anos trasladouse a Delhi e iniciou un estilo de vida bohemio: vivía nunha cabana vendendo botellas para se gañar a vida. Despois estudou arquitectura na Delhi School of Architecture onde coñeceu o seu primeiro marido, o arquitecto Gerard Da Cunha.

En 1984 coñeceu en Pradeep Kishen ao que sería o seu segundo marido, e comezou a traballar no cinema: fixo o papel dunha muller rural na película Massey Sahib, e escribiu guións para as películas In Which Annie Gives it Those Ones e Electric Moon, e para a serie de televisión The Banyan Tree.

En 1992 comezou a escribir O deus das pequenas cousas, libro en parte autobiográfico que rematou en 1996 e co que o ano seguinte gañaría o Premio Booker e se daría a coñecer ao gran público. Os dereitos da novela vendéronse a máis de vinte países.

Militante anticapitalista e pacifista, Roy opúxose con firmeza á probas nucleares realizadas polo goberno indio en Rajasthan, e o 1999 escribiu o ensaio The End of Imagination, publicado na recompilación The Cost of Living, onde presentaba unha visión moi crítica co goberno indio. Tamén denunciou a represión das autoridades e militares da India en Caxemira e contra os campesiños e comunidades pobres, recibindo ataques e ameazas de morte dos sectores ultranacionalistas e dereitistas indios.

Roy converteuse nun dos referentes intelectuais do movemento antiglobalización, e estivo dedicando os seus esforzo ao activismo político en favor da paz, contra a política exterior dos Estados Unidos, en especial as guerras en Afganistán e en Iraq, e contra Israel, así como na denuncia dos efectos do proceso de globalización económica. A súa actividade custoulle, nalgunhas ocasións, problemas coas autoridades do seu país.

O ano 2004, foi galardoada co Premio Sydney da Paz polo seu traballo en campañas sociais e o seu compromiso co movemento pacifista.

En 2005 participou no Tribunal Mundial sobre Iraq.

Bibliografía Ficción The Ministry of Utmost Happiness. Hamish Hamilton, 2017. ISBN 0-24-130397-4 O deus das pequenas cousas. Flamingo, 1997. Tradución galega de Antía Veres (Narrativa K, 2021).

Non ficción The End of Imagination. Kottayam: D.C. Books, 1998. ISBN 81-7130-867-8 The Cost of Living. Flamingo, 1999. ISBN 0-375-75614-0 The Greater Common Good. Bombay: India Book Distributor, 1999. ISBN 81-7310-121-3 The Algebra of Infinite Justice. Flamingo, 2002. ISBN 0-00-714949-2 Power Politics. Cambridge: South End Press, 2002. ISBN 0-89608-668-2 War Talk. Cambridge: South End Press, 2003. ISBN 0-89608-724-7 An Ordinary Person's Guide To Empire. Consortium, 2004. ISBN 0-89608-727-1

The Checkbook and the Cruise Missile: Conversations with Arundhati Roy. Interviews by David Barsamian. Cambridge: South End Press, 2004. ISBN 0-89608-710-7 The Shape of the Beast: Conversations with Arundhati Roy. New Delhi: Penguin, 2008. ISBN 978-0-670-08207-0 Listening to Grasshoppers: Field Notes on Democracy. New Delhi: Penguin, 2010. ISBN 978-0-670-08379-4 Broken Republic: Three Essays. New Delhi: Hamish Hamilton, 2011. ISBN 978-0-670-08569-9 Walking with the Comrades. New Delhi: Penguin, 2011. ISBN 978-0-670-08553-8 Kashmir: The Case for Freedom. Verso, 2011. ISBN 1-844-67735-4

Capitalism: A Ghost Story. Haymarket Books, 2014. ISBN 978-1-60846-385-5

Artigos e ensaios “The End of Imagination”. (Frontline / Outlook. Agosto 1998) “The Greater Common Good”. (Frontline / Outlook. Xuño 1999) “The Greater Common Good II”. (Outlook. Xullo 1999) “The Cost of Living”. (Frontline. Febreiro de 2000) “Power Politics: The Reincarnation of Rumpelstiltskin”. (Outlook. Novembro de 2000) “The Algebra of Infinite Justice”. (Outlook. Outubro de 2001) “War Is Peace”. (Outlook. Outubro 2001) “Shall We Leave It to the Experts? ”. (Outlook. Xaneiro 2002) “Democracy” . (Outlook. Marzo 2002) “War Talk: Summer Games With Nuclear Bombs”. (Frontline / Outlook. Xuño 2002) “Peace Is War: The Collateral Damage of Breaking News”. (Centre for the Study of Developmental Studies. 2004) “Mesopotamia, Babylon, the Tigris and Euphrates” . (Outlook / Guardian. Abril 2003) “Seize the Time”. (In These Times. Xuñó 2003) “The Loneliness of Noam Chomsky” . (The Hindu / Outlook. Agosto 2003) “Let Us Hope the Darkness Has Passed”. (Guardian. Maio 2004) “The Road to Harsud”. (Outlook. Xullo 2004) “People vs. Empire” (In These Times. Decembro 2004) “And His Life Should Become Extinct”. (Outlook. Outubro de 2006) “Scandal in the Palace”. (Outlook. Outubro 2007) “Listening to Grasshoppers”. (Outlook. Febreiro 2008) “Azadi”. (Outlook. Setembro 2008) “9 Is Not 11”. (Outlook. Decembro 2008) “Mr. Chidambaram’s War”. (Outlook. Novembro 2009) “Walking With the Comrades”. (Outlook. Marzo 2010) “Operation Green Hunt's Urban Avatar” (Dawn. Xuño 2010) “The Trickledown Revolution”. (Outlook. Setembro 2010) “I'd Rather Not Be Anna”. (The Hindu. Agosto 2011) “Dead Men Talking”. (Outlook. Outubro 2011) “Capitalism: A Ghost Story”. (Outlook. Marzo 2012) “Democracy’s Failing Light”. (Outlook. Xullo 2013) “A Perfect Day for Democracy”. (The Hindu. Febreiro 2013) “The Doctor and the Saint: Ambedkar, Gandhi and the Battle Against Caste” . (Caravan. Marzo 2014) “India’s Shame” . (Prospect Magazine. Decembro 2014)

Notas

Categoría:Escritores da India Categoría:Activistas da India Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Assam Categoría:Escritores en lingua inglesa