Paulo Simón Carril Vázquez é un sindicalista galego, secretario xeral desde o 28 de maio de 2017, da Confederación Intersindical Galega (CIG) en relevo de Suso Seixo. É irmán do ex-líder do BNG na Coruña, Xosé Manuel Carril.

Traxectoria Concorreu como número 21 nas listas do BNG ás eleccións municipais de 1999 para a cidade da Coruña.

Foi secretario comarcal da CIG na Coruña de 2001 a 2013, ano no que é nomeado Secretario Confederal de Organización até a súa elección en 2017 como líder do sindicato nacionalista galego.

Notas

Categoría:Secretarios xerais da CIG Categoría:Sindicalistas da CIG Categoría:Nados en ano descoñecido