Roland Thibeau, nado en Élouges (Dour) o 21 de abril de 1948, é un escritor belga de lingua picarda.

Traxectoria Estudou interpretación dramática no Institut des Arts de Diffusion e participou en diversas obras dramáticas como actor, director de escena ou autor. É tamén profesor do Institut des Hautes Études des Communications Sociales

Obra en picardo La dame sur le terril é unha colección de relatos en picardo que publicou en 2007. En 2008 recibiu o premio literario de linguas rexionais endóxenas da Comunidade Francesa de Bélxica pola peza teatral Moneuse.

En 2015 foi un dos antologados no libro Le voyage en Oïlie, dedicado a autores en linguas de oil. En 2016 a súa adaptación de O Principiño ao teatro en picardo e valón gañou o premio de teatro da Fête aux langues de Wallonie e ao ano seguinte a súa peza sobre a segunda guerra mundial, Merci, monsieur Doukhane volveu gañar o premio.

Obra en francés En francés publicou a novela Ce bon Monsieur Charles (2014) e as coleccións de relatos La République de la Feigne (2009), Aux dernières nouvelles de l’humaine perversité (2010), L’Ensaignement supérieur (2011) e Merci Monsieur Roose (2014).

Notas

Categoría:Escritores en lingua picarda Categoría:Nados en 1948 Categoría:Dramaturgos de Bélxica Categoría:Escritores de Bélxica Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Nados na provincia de Hainaut