Óscar García Junyent, deportivamente coñecido como Óscar, nado o 26 de abril de 1973 en Sabadell, é un ex xogador e adestrador de fútbol español. Como futbolista, xogaba como mediapunta e desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional entre o FC Barcelona e o RCD Espanyol. Como adestrador dirixiu equipos en varios países (España, Israel, Inglaterra, Austria, Francia e Grecia), sendo o seu último equipo o Celta de Vigo.
É o maior da saga de futbolistas García Junyent, formada polos seus irmáns Genís e Roger.
Traxectoria
Selección nacional Aínda que non alcanzou a selección absoluta, foi internacional en practicamente todas as categorías inferiores da selección española: a sub-16, a sub-18, a sub-19, a sub-20 e a sub-21, da que é o segundo máximo goleador histórico, con 12 tantos en 24 partidos.Óscar García dice es "orgullo" seguir siendo máximo goleador español sub´21 Participou no Mundial Xuvenil de 1991 (alcanzando os cuartos de final), nas Eurocopas Sub-21 de 1994 (terceiro posto) e 1996 (subcampión) e nos Xogos Olímpicos de Atlanta en 1996, onde foi o máximo goleador do conxunto español, con dous tantos en catro partidos.
Tamén disputou seis partidos internacionais de carácter amigable coa selección de fútbol de Cataluña, nos que anotou cinco goles.
Como adestrador O Celta de Vigo contratou ó técnico de Sabadell para reverter a mala situación do club, que despois de facer un grande esforzo na contratación de Rafinha Alcantara ou Denis Suárez, e co primeiro terzo da tempada cumprida, ocupaba postos de descenso, o que propiciou a destitución do adestrador co que se comezou a tempada (Fran Escribá). Finalmente o equipo acabou salvando a categoría, por un só punto e o contrato do adestrador foi renovado.
Tras un ano no club celeste foi destituído o 9 de novembro de 2020, debido aos malos resultados no inicio da campaña 2020/21, na que o equipo sumou só 7 puntos nas primeiras 9 xornadas.
Vida persoal Tivo tres fillas: Mariona, Jana e Emma. A maior delas, Mariona, faleceu en 2022, con 21 anos de idade, por mor dun cancro.
Estatísticas
Participacións en torneos internacionais TorneoSedeResultadoCopa Mundial Xuvenil de 1991 PortugalCuartos de finalEurocopa sub-21 de 1994 EspañaTerceiro postoEurocopa sub-21 de 1996 FranciaSubcampiónXogos Olímpicos de Atlanta 1996 Estados UnidosCuartos de final
Estatísticas coas seleccións de España Selección Partidos Goles Sub-16 1 1 Sub-18 4 1 Sub-19 1 - Sub-20 3 - Sub-21 24 12 Olímpica 4 2
Clubs ClubPaísAnoFC Barcelona B España1991-1994FC Barcelona España1993-1994Albacete Balompé España1994-1995FC Barcelona España1995-1999Valencia Cf España1999-2000RCD Español España2000-2004UE Lleida España2004-2005
Traxectoria como adestrador ClubPaísAnoSelección catalá sub-18Cataluña2010-2012Xuvenil A do FC BarcelonaCataluña2010-2012Maccabi Tel Aviv FC Israel2012-2013Brighton & Hove Albion Inglaterra2013-2014Maccabi Tel Aviv FC Israel2014Watford Football Club Inglaterra2014Red Bull Salzburg Austria2016-2017AS Saint-Étienne Francia2017Olympiakos Grecia2018Celta de Vigo Galiza2019-2020
Estatísticas como adestrador ClubPaísTempadaPPGPEPPGFGC% vitoriasSelección catalá sub-18Cataluña2010-2012Xuvenil A do FC Barcelona2010-2012Maccabi Tel Aviv FCIsrael2012-2013362556Brighton & Hove AlbionInglaterra2013-201453211616Maccabi Tel Aviv FCIsrael20142110Watford Football ClubInglaterra20144121Red Bull SalzburgAustria2016-201773511210AS Saint-ÉtienneFrancia201713544OlympiakosGrecia201813652Celta de VigoGaliza2019 - 20203881713444921.05
Palmarés
Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoLiga de Primeira DivisiónFC Barcelona España1993 Liga de Primeira DivisiónFC Barcelona España1994Supercopa de EspañaFC Barcelona España1997Copa do ReiFC Barcelona España1997Liga de Primeira DivisiónFC Barcelona España1998Copa do ReiFC Barcelona España1998Liga de Primeira DivisiónFC Barcelona España1999Supercopa de EspañaValencia Cf España2000
Campionatos internacionais TítuloClubPaísAnoRecopa de EuropaFC Barcelona España1997 Supercopa de EuropaFC Barcelona España1998
Outros TítuloClubPaísAnoCopa CataluñaFC Barcelona España1991Copa CataluñaFC Barcelona España1993
Como adestrador TítuloClubPaísAnoLigat ha'AoMaccabi Tel Aviv FC Israel2013BundesligaRed Bull Salzburg Austria2016Copa de AustriaRed Bull Salzburg Austria2016
Notas
Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Sabadell Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores da UE Lleida Categoría:Adestradores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Adestradores de fútbol de Cataluña Categoría:Adestradores do Watford FC Categoría:Adestradores do Brighton & Hove Albion FC Categoría:Adestradores do AS Saint-Étienne Categoría:Adestradores do Olympiakos FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19 Categoría:Futbolistas olímpicos de España Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1996