O capital social é considerado a variable que mide a colaboración social entre os diferentes grupos dun colectivo humano, e o uso individual das oportunidades xurdidas a partir diso, a partir de catro fontes principais: o afecto, a confianza mutua, as normas efectivas e as redes sociais.
O capital social mide, por tanto, a sociabilidade dun conxunto humano e aqueles aspectos que permiten que prospere a colaboración e o uso, por parte dos actores individuais, das oportunidades que xorden nestas relacións sociais. Unha sociabilidade entendida como a capacidade para realizar traballo conxunto, a de colaborar e levar a cabo a acción colectiva.
Historia O termo de "capital social" provén dunha analoxía co de capital económico. De todas as formas, a súa escasa fixación na literatura social e económica fai que sexa un tanto difícil de consensuar. Nun comezo, foi usado a principios do século XX en pedagoxía. Non foi retomado ata a década de 1960 cando se empezou a usar para teorías de desenvolvemento económico. Normalmente nos modelos económicos tradicionais este concepto é totalmente ignorado, pero nos anos 1980 volveu tomar importancia. Foi usado por moitos autores en socioloxía e modelos de economía alternativos.
Concepto Poderíase resumir como "non só é importante que coñeces, senón a quen". Francis Fukuyama defíneo como a norma que fai que exista cooperación entre dúas partes. Referencias importantes son Robert Putnam (1993) e James Samuel Coleman (1988).
No que se refire ao valor colectivo das redes sociais, é considerado para a formulación de políticas en moitas organizacións; mesmo sendo recentemente recoñecido por institucións tales como o Banco Mundial (aínda que con algunhas reservas ao concepto).
Afinando os matices do concepto, o capital social non ten por que necesariamente producir cousas boas, pode xerar discriminación sobre individuos ou grupos. Ás veces o capital social pode ter connotacións negativas, como no caso de mafias diversas (os contactos e redes sociais creados entre varias persoas poden idear cousas consideradas negativas por unha sociedade, como o crime).
Con todo, como se apunta, nos últimos anos destacáronse tres “fontes” principais do capital: a confianza mutua, as normas efectivas e as redes sociais. A pesar das posibles diferenzas na forma de definir e medir estes atributos, o capital social sempre apunta cara a aqueles factores que nos achegan como individuos e a como este achegamento se traduce en oportunidades para a acción colectiva e o benestar do grupo.
Véxase tamén Outros artigos Pierre Bourdieu Robert Putnam James Samuel Coleman Francis Fukuyama Sociedade civil
Ligazóns externas The Social Capital Foundation Glosario de capital social en liña
Categoría:Ciencia política Categoría:Socioloxía Categoría:Sociedade