Benigno Ledo González coñecido como O cura das abellas, nado na Chanca (Adá, Chantada) o 20 de xullo de 1867 e finado e na casa reitoral de Argozón segundo unhas fontes e no lugar da Chanca segundo outras o 14 de decembro de 1950,Rof Codina, Juan. "La apicultura española de luto" Las Riberas del Eo, 23-12-1950, p. 4. foi un sacerdote e apicultor galego introdutor dun modelo de colmea de cadro móbil horizontal.
Traxectoria Foi cura párroco de Argozón (Chantada) e propagandista da apicultura. Colaborou en El Lucense, La Voz de la Verdad, El Norte de Galicia, El Ideal Gallego e El Cultivador Moderno. Unha das súas achegas máis salientables foi a introdución en 1880 do modelo de colmea coñecido como colmea Layens dende Francia. Este modelo fora creado en 1874 por Georges de Layens, modificando unha colmea de cadro móbil. Benigno Ledo introduciuna no seu lugar natal, A Chanca, converténdose no primeiro apicultor español en introducir este modelo en España.
Benigno Ledo foi o creador dun novo modelo de colmea denominada "Ledoargozón" ou "Ledo-Argozón", premiada no Concurso Nacional de Ganados, Maquinaria Agrícola e Industrias Derivadas no ano 1917 e que estaba baseada na colmea Voirnot. Tamén simplificou os procesos de extracción do mel das colmeas modernas. Foi nomeado profesor de apicultura da Deputación de Lugo o 10 de decembro de 1927, cargo que ocupou ata a súa xubilación en 1948. A propia deputación sufragaba os seus gastos para a realización de clases prácticas de apicultura por varios pobos da provincia, eventos que tiñan unha gran confluencia de interesados. Dirixiu a aula de Apicultura que estivo situada, en vida de Benigno Ledo, nos xardíns da rúa San Marcos en Lugo, á beira do pazo provincial. Tamén instalou colmeas modelo nos xardíns do Seminario diocesano de Lugo, onde tamén exercía labores docentes nesta área.
Obras Cursillo práctico de apicultura adaptado á la región gallega : para uso de los alumnos que se dedican a esta materia y al alcance de toda clase de personas. Lugo: Imprenta provincial, 1929. Cunha segunda edición corrixida baixo o mesmo título en 1938. Curso práctico de apicultura. Terceira edición da mesma obra, aumentada e corrixida. Lugo: Deputación provincial, 1946.. Edición facsimilar publicada por Ediciós do Castro en 1978 e 1982.
Premios e recoñecementos Concedéuselle a Cruz de Beneficencia de Primeira Clase polos servizos prestados durante a epidemia de gripe. Pola súa faceta divulgadora estaba en posesión da Encomenda do Mérito Agrícola. O seu sobriño e continuador do seu labor, Jaime Fernández Ledo, erixiulle unha estatua no seu lugar natal. Unha rúa de Lugo, situada no recinto do Campus da Universidade de Santiago de Compostela, á beira da Escola Politécnica Superior, leva o seu nome.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Finados en 1950 Categoría:Nados en 1867 Categoría:Apicultura Categoría:Nados en Chantada