O quiché clásico foi unha forma ancestral da lingua moderna quiché, que foi falada nas terras altas de Guatemala no século XVI, no tempo da conquista española de Guatemala. O quiché clásico foi preservado nun número de documentos históricos mesoamericanos, historias de liñaxe, dicionarios e textos de misioneiros, e é a lingua na cal se escribiu a obra Popol Vuh (ou Popol Wuj na ortografía moderna).
Fonoloxía A fonoloxía do quiché clásico non se coñece polo miúdo, xa que o seu sistema de escritura, baseado no castelán, non está ben adaptado para a súa expresión; polo tanto, é necesario recorrer aos dialectos actuais máis arcaicos para poder reconstruír a pronuncia máis probable do idioma. En base a estes datos, o seu inventario fonético podería ser o seguinte:
+ Consoantes Labial Dental/Alveolar Palatal Velar Uvular Larínxea Nasal m n Oclusiva p t k q ʔ ɓ tʼ kʼ qʼ Africada ts tʃ tsʼ tʃʼ Fricativa s ʃ x h Líquida l r Semivogal w j
Débese notar que a meirande parte das paradas glotais son exectivas, mais a consonante labial é implosiva.
+ VogaisAnteriorCentralPosteriorPechadaiuMediaeoAbertaa
Unha das características herdadas do quiché é a lonxitude vogal fonémica; porén, na actualidade algúns dialectos non a conserva, e a ortografía do Popol Vuh non a reflicte.
O acento é sempre na derradeira sílaba da palabra.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Einführung in das kolonialzeitliche K’iche’ (Quiché) por Michael Dürr Morphologie, Syntax und Textstrukturen des Maya-Quiche des Popol Vuh by Michael Dürr - a description of the grammar of the Classical K'iche' of Popol Vuh, (en Internet Archive).
Categoría:Linguas maias Categoría:Linguas mortas de América do Norte