, nada na cidade de Kofu, na prefectura de Yamanashi,Naoko Takeuchi Anime News Network. Consultado o 10 de maio de 2013. o 15 de marzo de 1967, é unha artista xaponesa de manga. É coñecida polas series manga Codename: Sailor V (1991–1997) e Sailor Moon (1991–1997).

Gañou o segundo premio de Banda Deseñada Nakayoshi de Newcomers por Yume ja Nai no Ne (1985) e o premio de Novo Artista por Love Call (1986). O seu seguinte manga Sailor Moon, converteuse nun dos manga máis exitosos e populares do mundo, con máis de 35 millóns de copias vendidas internacionalmente. En 1993, gañou o premio de Manga Kodansha pola serie. Fóra do Xapón, as adaptacións anime de Sailor Moon foron máis exitosas que o manga e considéranse que axudaron a popularizar a animación xaponesa no mundo occidental.

Traxectoria Primeiros anos Takeuchi naceu en Kofu, Yamanashi, filla de Kenji e Ikuko Takeuchi. Ten un irmán máis novo, Shingo. Takeuchi usou os nomes dos seus familiares para as personaxes da súa obra Sailor Moon. Estudou a secundaria en Kofu; no instituto, levaba un uniforme sailor, e uniuse aos clubs de astronomía e manga. Estas experiencias influenciaron tamén Sailor Moon, así como outras das súas obras, como Love Call ou Rain Kiss. Foi nesta época que decidiu ser mangaka; porén, a presión do seu pai por atopar un traballo máis estable levouna a estudar Química na universidade. Tras graduarse, fíxose farmacéutica licenciada.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1967 Categoría:Debuxantes de manga Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Nados na prefectura de Yamanashi