Reginald Howard White, nado o 19 de decembro de 1961 en Chattanooga (Tennessee) e finado o 26 de decembro de 2004, foi un xogador profesional de fútbol americano estadounidense que se desenvolvíaa na posición de Defensive end. A maior parte da súa carreira xogou para os Philadelphia Eagles e os Green Bay Packers da National Football League (NFL), aínda que tamén formou parte durante unha temporada dos Carolina Panthers. Co equipo de Green Bay conseguiu gañar a súa única Super Bowl (XXXI).

A nivel universitario formouse na Universidade de Tennessee, onde foi recoñecido como All-American. Despois de xogar dúas temporadas como profesional para os Memphis Showboats da United States Football League (USFL), foi seleccionado na primeira rolda do Draft suplementario da NFL de 1984. Tras unha carreira de 15 temporadas, converteuse nun dos xogadores máis premiados na historia da competición. Durante a súa carreira profesional foi tamén coñecido por ser ordenado ministro evanxélico, o que levou a que fose coñecido co alcume de "the Minister of Defense" (do inglés: o Ministro de Defensa).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Reggie White en Find a Grave

Categoría:Nados en Chattanooga, Tennessee Categoría:Nados en 1961 Categoría:Xogadores dos Philadelphia Eagles Categoría:Xogadores dos Green Bay Packers Categoría:Xogadores dos Carolina Panthers