Martín Codax foi unha revista de periodicidade mensual editada en Vigo entre 1935 e 1941 pola Agrupación Martín Codax.

Historia e características Subtitulada Órgano de esta agrupación, apareceu o 1 de febreiro de 1935. Publicación mensual, estaba dirixida por José Vázquez Fernández, con Jesús Villot Vidal como redactor xefe. Entre os colaboradores figuraron Blas Agra Mancebo, Humberto Cuíñas, Eugenio López Aydillo, José María Pemán e Jaime Solá. Informaba das actividades da Agrupación e publicaba poemas e artigos superficiais sobre cuestións literarias e artísticas. Tiña unha tendencia ultradereitista. Nos últimos anos fíxose cargo da dirección da revista o fundador da Agrupación, o presbítero Emilio Álvarez Martínez. Cesou a súa publicación co número 73, un monográfico dedicado a José Calvo Sotelo, que apareceu o 13 de xullo de 1941.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:1935 en Galicia Categoría:Prensa falanxista