O espazo natural da Costa da Morte é unha contorna catalogada como zona especial de conservación (ZEC) e que protexe o litoral e as augas costeiras que van desde a praia de Alba en Arteixo ata cabo Fisterra. Xa que acolle as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra recibe o seu nome da rexión coruñesa homónima: a Costa da Morte. Destaca por contornas como son as Illas Sisargas, as marismas de Baldaio, a enseada da Ínsua, a lagoa de Traba, a praia do Trece, a ría de Corme e Laxe, e os cabos de Vilán e Fisterra. Protexe unha importante área do mar diante do cabo Fisterra. É unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, como refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís.
Coas súas 11.809 ha, o espazo natural da Costa da Morte é o máis extenso dos costeiros galegos. Malia a todo, a zona protexida non é continua en toda a costa. As poboacións costeiras, como son Malpica, Corme, Laxe e Muxía, a ría de Camariñas e o litoral de Arou a Camelle quedan fóra do espazo protexido.
Este espazo ten unha alta diversidade de hábitats, nos que destacan os costeiros coas súas dunas e os de vexetación halófita. Ten varias especies de protección prioritaria: Omphalodes littoralis subsp. gallaecica e o sapoconcho mariño Caretta caretta, que non está sempre pero que é habitual velo na costa. O 69,3% da área do espazo natural ten un valor de conservación alto e o 20,3% o maior valor de conservación.
A zona de protección de aves (ZEPA) da costa da Morte non casa na súa totalidade do LIC. Vai desde cabo Caión ata cabo Touriñán e abrangue ata as 20 millas náuticas desde a costa, co que chega a ser unha área de protección de 316.283,05 ha.
Xeoloxía e hábitats A costa da Morte sitúase nas Rías Altas, con rías de formación intermedia comparadas coas Rías Baixas a as rías do golfo Ártabro ata o Cantábrico.J. R. Vidal-Romaní; A. Martelli, D. Fernández-Mosquera, E. de Uña and J. Yepes. Galicia region: Landforms and morphological evolution of granitic areas. Sixth International Conference on Geomorphology of Granitic Areas. Zaragoza, 2005. Os espazo protexido da Costa da Morte acolle a esta rexión da costa Atlántica. Este litoral conta con múltiples formacións xeomorfolóxicas que van seus cabos, grandes calas ás veces con covas, baías con pouco fondo, praias, rías e esteiros e lagoas. Na costa conta con furnas mariñas e arrecifes. Destacan a formación de coídos, ou cantos rodados de gran tamaño. Os cantís do litoral son silíceos e rochedos que adoitan ter vexetación casmofítica ou vexetación pioneira, atlántica ou báltica, así como argazos. Nos coídos aparece vexetación perenne. Nos esteiros poden hai chairas de lama ou area que non afloran só na baixamar. Nestas zonas hai especies pioneiras como Salicornia.
Esta costa conta con dunas tanto móbiles que están comezando o seu desenvolvemento ou que xa están desenvoltas como con dunas xa fixas, sobre as que medran plantas como Ammophila arenaria, outras herbáceas ou céspede de Malcolmietalia. Tamén hai dunas xa fixas e descalcificadas onde medran breixos que aturan solos ácidos. Entre dunas aparecen espazos húmidos formados pola depresións do solo. Un exemplo de duna é de Monte Branco, Camariñas. Outro elemento que aparece nesta costa son as turbeiras. Algunhas, os mires fórmanse arredor das lagoas ou esteiros. Outras fórmanse en lugares máis altos ou en zonas de bosque. Hai tamén turbeiras calcarias con se asentan flora como Cladium mariscus e Caricion davallianae
Os ríos que chegan a esta costa descorren de puntos altos de montaña ata o litoral e as súas cuncas, de caudal variable, contan con especies acuáticas ou somerxidas como as de Ranunculion fluitantis e Callitricho-Batrachion. En zonas como no interior das rías (como a de Camariñas ou Corme e Laxe) ou os esteiros as augas poden estar máis estancada e ser oligotríficas ou mesotróficas. Aí aparece vexetación característica destas áreas como os Juncus. Algúns mananciais están cubertos por musgos como Cratoneurion. Nos pastos xerófitos, de solo seco e pouco desenvolto, hai de gramíneas e pequenas especies anuais. Ou outros pastos que aparecen no espazo son os de solos calcarios ou turbosos, os prados secos e onde medran especies baixas e os de zonas húmidas.
Nesta rexión hai matogueiras acostumadas a medios salinos, como Sarcocornetea fructicosae, ou matogueiras de arboredos, como os de Laurus nobilis. Os queirogais de Erica ciliaris e Erica tetralix danse en zonas húmidas, inda que tamén os hai propios de zonas secas. Os bosques que hai arredor dos ríos adoitan ser de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior.
Flora e Fauna Flora No espazo destaca a vexetación dos cantís e a dos esteiros e zonas de chaira arredor da costas. Como exemplos destacados, están as vexetacións dos areais da Pedrosa, Reira e Trece. Tamén polas matogueiras de breixos e toxos, así como as especies acuáticas de esteros e rías. Entre as especies endémicas protexidas están a herba de namorar, Armeria pubigera subsp. pubigera, ou os perexiles mariños, Crithmum maritimum.Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Anexo IV: Espazos da Área Litoral. 2.3 LIC Costa da Morte
As especies da flora que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:
Especie Ahnfeltiopsis pusilla Alyssum loiseleurii Chaetopogon fasciculatus subsp. prostratus Dryopteris guanchica Erodium maritimum Limonium dodartii Limonium humile Linaria polygalifolia subsp. aguillonensis Linkagrostis juressi Narcissus cyclamineus Omphalodes littoralis subsp. gallaecica Rumex rupestris Scirpus triqueter Sphagnum pylaesii Spiranthes aestivalis
Fauna O espazo natural ten o valor de ser un refuxio de fauna, en especial de aves migratorias de verán e outono.
Invertebrados As especies da invertebrados que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son: Especie Bolma rugosa Echinus esculentus Elona quimperiana Eunicella verrucosa Geomalacus maculosus
Peixes As especies de peixes que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:
Especie Alosa alosa
Anfibios As especies de anfibios que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son: Especie Chioglossa lusitanica Hyla arborea Rana iberica Rana temporaria subsp. parvipalmata
Réptiles As especies de réptiles que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son: Especie Caretta caretta
Aves Sendo a costa máis occidental da península, este espazo é un punto de paso de aves migratorias. Acóllense na costa para protexerse, para aniñar, alimentarse, ou de paso entre o verán e o outono. A meirande parte das aves veñen do Báltico e da Siberia occidental. Outras, en menor cantidade, proceden do mediterráneo, do ártico ou o hemisferio do sur. A gaivota Rissa tridactyla e o arao ibéroco Uria aalge ibericus aniñan nesta costa, sendo o único punto no litoral peninsular onde o fan.
As especies de aves que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son: Especie Burhinus oedicnemus Charadrius alexandrinus Circus cyaneus Circus pygargus Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica Gallinago gallinago Haematopus ostralegus Himantopus himantopus Hydrobates pelagicus Ixobrychus minutus Phalacrocorax aristotelis Puffinus mauretanicus Rissa tridactyla Tetrax tetrax Uria aalge
Mamíferos As especies de mamíferos que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son: Especie Galemys pyrenaicus Myotis myotis Phocoena phocoena Rhinolophus euryale Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros Tursiops truncatus
Lexislación A regulación lexislativa amparan ao espazo natural da Costa da Morte, ou parte deste, catalogándoo como: IBA 004 Costa da Morte (Norte), que inclúe parte do espazo natural no inventario da SEO/BirdLife de 1998. Zona de especial protección de aves (ZEPA ES0000497), desde o 19 de xuño de 2003, e que protexe a área desde as Olas, Caión ata o cabo Touriñán e se adentra no mar 20 millas náuticas. Conta con 316.283,05 hectáreas polo cal é unha das maiores ZEPAs. Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) Costa da Morte con de 11.809 ha e o da Costa da Morte (Norte) con 7.962 ha. Lugar de importancia comunitaria (LIC) desde o 29 de decembro de 2004 e Zona de especial conservación (ZEC ES1110005) desde o 27 de marzo de 2004, con modificación da lexislación do 31 de marzo de 2014.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Zonas especiais de conservación en Galicia Categoría:Zonas de especial protección para as aves de Galicia Categoría:Costa da Morte