Tolomeo Filadelfo ( Ptolemaȋos Philádelphos;Clayton (2006) p. 208 Cos 308 a.C. ; xaneiro 246 a.C. ) chamado na historiografía moderna Tolomeo II, foi un faraón exipcio pertencente ó período tolemaico, segundo gobernante da dinastía, co-rexente dende 285 a.C. e único monarca dende 282 a.C. ata súa morte.

Despois de asumir o trono do seu pai no Exipto e ter casado coa súa irmá Arsínoe II, Tolomeo participou activamente en moitas guerras, intentando ampliar o seu dominio na Anatolia, Siria, Cirenaica e Grecia: loitou na primeira guerra siria (274-271 a.C.), na guerra cremonidiana (268-261 a.C.) e na segunda guerra siria (260-253 a.C.), e tamén noutros pequenos conflitos, conseguindo conquistar territorios na Anatolia e obter diversas alianzas coa cidade-estado e as ligas gregas, opóndose ao imperio Seléucida e ao reino de Macedonia. Nos últimos anos procurou facer as paces co seu medio-irmán Magas, rei de Cirene, e reavivar a economía e movementación cultural do seu reino, tras longos períodos de guerra.

Durante o seu reinado, foran promovida varias reformas destinadas a mellorar a economía, intentando dar máis poder á autoridade estatal retirándoo dos centros relixiosos. Tamén baixo Tolomeo II Alexandría converteuse nun gran centro do período helenístico, grazas á institución dos xogos tolemaicos e ao forte impulso cultural proporcionado pola Biblioteca e polo Museo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Dinastía tolemaica