miniatura|250px|Xacobe II de Escocia. Xacobe II, nado en Edimburgo, o 16 de outubro de 1430, e finado en Roxburgo o 3 de agosto de 1460, foi o rei de Escocia dende 1437 até a súa morte. Era fillo de Xacobe I e Xoana Beaufort, ascendendo ó trono ós seis anos, após o asasinato do seu pai.
Tivo unha minoría de idade moi axitada, cos rexentes William Crichton e Alexander Livingstone, que se viu marcada pola execución en 1440 de William e David Douglas por Crichton, que despois foi declarado proscrito por Livingston e William Douglas, nomeados lugartenentes do reino. En 1444, formouse unha liga entre William Douglas, conde de Crawford, e John, conde de Ross e señor das Illas, pero en 1452 morreu polo rei en 1455 exiliando o seu fillo James a Inglaterra.
Trasladou definitivamente a capital escocesa de Perth a Edimburgo e en 1450 fundou unha nova universidade en Glasgow baixo o patrocinio do chanceler James Kennedy, bispo de Saint Andrew. Naquela época, o parlamento escocés foi complementado por institucións como o Consello Xeral e a Convention of Estates, parlamentarios sen poderes xudiciais. En 1448, venceu os ingleses en Sark. Ademais, apoiou os nobres ingleses da casa de Lancaster contra a casa rival de York na Guerra das Dúas Rosas, o cal provocou a súa morte no asedio de Roxburgh en 1460.
En 1449, casou con María de Gelderland.Meagher, Jennifer. Biografía de Petrus Christus en Metropolitan
Notas
Véxase tamén Bibliografía 'The Auchinleck Chronicle', printed in McGladdery, James II, Appendix 2, pp 160–73. M. Brown, The Black Douglases (East Linton, 1998). C. McGladdery, James II (Edinburgh, 1990). R Tanner, The Late Medieval Scottish Parliament: Politics and the Three Estates, 1424-1488 (East Linton, 2001).
Categoría:Reis de Escocia Categoría:Nados en 1430 Categoría:Nados en Edimburgo Categoría:Finados en 1460