Cristian Ignacio Herrera López, máis coñecido como Cristian Herrera, nado o 13 de marzo de 1991 nas Palmas, é un futbolista español que xoga como dianteiro centro.
Traxectoria
Comezos Nado nas Palmas de Gran Canaria, formouse como futbolista na canteira do principal equipo da súa cidade natal: a UD Las Palmas. O seu debut en categoría sénior produciuse durante a tempada 2010/11, cando pasou a formar parte do filial canario. Alí xogou durante tres temporadas na Terceira División, disputando un total de 91 partidos nos que marcou 42 goles. 19 deles anotounos na tempada 2012/13, na que formou un prolífico tridente atacante xunto a Héctor Figueroa e Néstor Gordillo, contribuíndo a proclamarse campións do Grupo XII e ascender á Segunda División B.
Elche As súas actuacións nesa última temporada chamaron a atención do Elche Ilicitano da Segunda B, equipo polo que acabou fichando a pesar de ter unha oferta de renovación da UD Las Palmas e praza no primeiro equipo. Debutou co filial ilicitano na primeira xornada da tempada 2013/14, conseguindo un triplete na goleada por 1-5 sobre o Levante B. Marcou seis goles nas tres primeiras xornadas e sumaba 12 na 14ª xornada. Foi entón cando Fran Escribá lle deu a oportunidade de debutar co primeiro equipo do Elche na Primeira División nun partido ante o Valencia. Saltou ao terreo de xogo do Martínez Valero no minuto 78, substituíndo a Javi Márquez e cinco minutos despois conseguiu o gol da vitoria do seu equipo (2-1).
Pechou a tempada cun total de 21 partidos co primeiro equipo e tres goles (ademais dos seus 13 goles en 14 partidos co filial). Tras as súas boas actuacións o club renovou o seu contrato até 2019, pasando formar parte definitivamente do primeiro equipo. Ao ano seguinte xogou 30 partidos, anotando un gol contra o Espanyol (1-1).
Almería Tras o descenso administrativo do Elche, Herrera rescindiu o seu contrato e asinou por unha temporada coa UD Almería, da Segunda División. No equipo andaluz contou con poucas oportunidades, disputou 13 partidos (só 6 deles como titular) e marcou dous goles na Copa do Rei ante o seu anterior equipo, o Elche.
GIrona O 1 de febreiro rompeu o seu contrato e asinou inmediatamente até xuño de 2018 polo Girona, da mesma categoría. Foi titular na maioría de partidos do que restaba de tempada, anotando 7 goles. O seu protagonismo caeu na campaña 2016/17, na que só partiu dende o inicio en nove dos 31 encontros que disputou. Contribuíu con dous goles ao ascenso do equipo de Machín á Primeira División.
Lugo Tras temporada e media co club catalán, rescindiu o seu contrato e asinou polo Lugo, tamén de Segunda. Xogou catro anos en Lugo, sendo unha importante peza do ataque albivermello, co que marcou 33 goles en 160 partidos oficiais, contribuíndo á permanencia do club na categoría de prata durante as catro campañas. Deixou o Lugo como o máximo goleador histórico do club na Segunda División, con 31 goles, marca aínda non superada por ningún outro futbolista da entidade lucense.
Ibiza En 2021 fichou polo Ibiza, da mesma categoría, no que foi titular indiscutible durante dúas campañas, anotando 21 goles en 75 partidos. Con todo, non puido evitar o descenso do equipo á Primeira Federación ao remate da 2022/23.
Las Palmas En xuño de 2023 asinou como novo xogador da UD Las Palmas, da Primeira División, regresando 10 anos despois ao equipo no que se formara. Deste xeito debutou finalmente co club da súa cidade, pero apenas contou con oportunidades no conxunto adestrado por García Pimienta, co que disputou só 459 minutos (159 na liga e 300 na Copa do Rei).
Deportivo da Coruña No verán de 2024 foi anunciado como novo xogador do Deportivo da Coruña, que viña de ascender á Segunda División. Na súa primeira campaña disputou un total de 25 encontros, todos agás 5 saíndo dende o banco de suplentes, e anotou dous goles en senllas goleadas ante Albacete e Cartagena. A súa participación reduciuse aínda máis na tempada 2025/26, na que xogou menos de 200 minutos en liga. Os seus mellores momentos viviunos na Copa do Rei, con tres goles nas dúas primeiras roldas da competición (dous contra o Sámano e outro contra o Sabadell).
Vida persoal Sendo xogador do Deportivo da Coruña, comezou unha relación coa tamén futbolista Vera Martínez, defensa do Deportivo feminino, coa que casou en agosto de 2026.
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaOutrosInclúe partidos de promoción de ascenso a Primeira e a Segunda B.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesLas Palmas Atlético2010–11Terceira2213----22132011–12Terceira277----2772012–13Terceira3419--203619Total club833900208539Elche Ilicitano2013–14Segunda B1413----1413Elche2013–14Primeira21310--2232014–15Primeira26140--301Total club4745000524Almería2015–16Segunda9042--132Girona2015–16Segunda19500422372016–17Segunda31200--312Total club5070042549Lugo2017–18Segunda40710--4172018–19Segunda341021--36112019–20Segunda401211--41132020–21Segunda40220--422Total club15431620016033Ibiza2021–22Segunda361120--38112022–23Segunda35921--3710Total club712041007521Las Palmas2023–24Primeira8130--111Deportivo da Coruña2024/25Segunda24210--2522025/26Segunda15043--193Total club3925300445Total carreira47511727862510127
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Futbolistas das Canarias Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores da UD Las Palmas B Categoría:Xogadores do Elche CF Ilicitano Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores do Girona FC Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores da UD Ibiza-Eivissa Categoría:Xogadores da UD Las Palmas Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña