O taíno é unha lingua extinta da familia arauaca falada historicamente polo pobo taíno do Caribe. No tempo da chegada dos colonizadores españois, era a principal lingua do Caribe. O taíno clásico (ou propiamente taíno) era a lingua nativa no norte das Antillas, en Porto Rico, en Turks e Caicos e a maioría da Española, e estaba a estenderse en Cuba. O ciboney está sen documentar, pero as fontes coloniais suxiren que eran un dialecto do taíno que se falaba na parte occidental da Española, nas Bahamas, Xamaica e na maioría de Cuba.

A finais do século XV, o taíno desprazara as linguas anteriores agás no oeste de Cuba e nalgúns lugares da Española. Coa colonización española, a cultura taína esmoreceu e a lingua foi subtituída polo castelán e outras linguas europeas. Crese que a lingua se extinguiu logo de cen anos do contacto cos europeos, mais posiblemente puido ter sobrevivido nalgúns lugares illados do Caribe até o século XIX.Alexandra Aikhenvald (2012) Languages of the Amazon, Oxford University Press Como a primeira lingua nativa coa que os europeos se encontraron no Novo Mundo, é a principal fonte de novas palabras americanas incorporadas ás linguas europeas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Payne D.L., "A classification of Maipuran (Arawakan) languages based on shared lexical retentions", in: Derbyshire D.C., Pullum G.K. (eds.), Handbook of Amazonian Languages, vol. 3, Berlín, 1991. Derbyshire D.C., "Arawakan languages", in: Bright, William (ed.), International Encyclopedia of Linguistics, vol. 1, Nova York, 1992.

Categoría:Linguas arauacas Categoría:Linguas mortas de América do Norte Categoría:Pobo taíno