A hipertensión xestacional ou hipertensión inducida polo embarazo é un trastorno que afecta o curso normal do embarazo e defínese como a aparición de hipertensión arterial, sen ter diagnóstico previo nunha xestante, despois das 20 semanas de embarazo.

A hipertensión pode presentarse antes das 20 semanas se a muller tivo fetos múltiples ou unha mola hidatiforme ou sen necesidade diso.

O cadro clínico caracterízase pola aparición de hipertensión arterial que pode asociarse con proteinuria e edemas (preeclampsia) e evolucionar desfavorablemente a convulsións e chegar ó coma (eclampsia). Aínda que a causa da eclampsia é descoñecida atribúese a unha alteración no fluxo sanguíneo útero-placentario, non logrando regular os cambios na presión de filtración. Corríxese a situación coa evacuación do feto.

Condicións Existen algunhas condicións hipertensivas durante o embarazo: Hipertensión xestacional: definida como unha PA superior a 140/90 Preeclampsia: hipertensión xestacional (PA > 140/90), e proteinuria (>300 mg en ouriños de 24 horas). A preeclampsia severa implica unha PA superior a 160/110 (con síntomas adicionais) Eclampsia: convulsións é unha paciente con preeclampsia Síndrome HELLP: anemia hemolítica, encimas hepáticas e trombocitopenia A esteatose hepática aguda do embarazo inclúese en ocasións dentro do espectro da preeclampsia. A preeclampsia e eclampsia son en ocasións tratadas como compoñentes dun mesmo síndrome.

Notas

Categoría:Doenzas do sistema circulatorio