María Angeles Beitialarrangoitia Lizarralde, nada en Legazpi o 20 de xaneiro de 1968, é unha política vasca da esquerda abertzale. É deputada por Euskal Herria Bildu nas Cortes Xerais e anteriormente foi alcaldesa de Hernani, Directora de Comunicación da Deputación Foral de Guipúscoa e membro do Parlamento Vasco.

Biografía Marian Beitialarrangoitia é licenciada en xornalismo. A súa labor como xornalista realizouna principalmente no medio radiofónico. Traballou na emisora de radio Egin Irratia, emisora creada en 1989 que pertencía á mesma empresa que o diario abertzale Egin. A súa vinculación con Hernani data da época na que comezou a traballar neste medio e decidiu vivir nesta localidade guipuscoana, onde tiña a súa sede Egin. En 1998, tanto o xornal Egin como a emisora foron clausuradas por orde do xuíz Baltasar Garzón. Entón a xornalista fichou por EITB, radioa televisión pública vasca, onde foi durante uns anos locutora do programa de radio matinal na emisora Euskadi Irratia, a emisora xeneralista en lingua éuscara do grupo. Durante o seu período en EITB formou parte do comité de empresa. Dende que pasou a dedicarse á política en 2007 atópase en excedencia.

Traxectoria política A súa entrada na política produciuse en 2007 cando se presentou como candidata de Acción Nacionalista Vasca á alcaldía de Hernani.

Tras a ilegalización dos partidos afíns á esquerda abertzale pola aplicación da Lei de Partidos, ningunha candidatura abertzale puido concorrer ás eleccións locais de Hernani nas eleccións municipais de 2003. En 2007, ANV con Beitialarrangoitia como candidata puido sortear a ilegalización ó non contar nas súas filas cun número significativo de persoas que participasen en candidaturas abertzales anteriores, sorte que non correron esas mesmas siglas noutras localidades. A candidatura de ANV quedou a un concelleiro da maioría absoluta no concello recuperando para a esquerda abertzale un feudo tradicional, tras catro anos de alcaldía jeltzale.

Unhas declaracións da alcaldesa o 12 de xaneiro de 2008 nun mitin de ANV en Pamplona déronlle relevancia nos medios de comunicación nacionais. Naquela ocasión pediu un «aplauso» entre outros para Igor Portu e Mattin Sarasola, os etarras procesados polo Atentado da T-4 de Barajas, que denunciaran torturas por parte da Garda Civil. Por este feito foi denunciada e posteriormente condenada en xuño de 2009 a un ano de cárcere pola Audiencia Nacional e a 7 de inhabilitación por un delito de enaltecemento de terrorismo. Foi absolta do outro delito que se lle imputaba, inxurias graves ás forzas e corpos de seguridade do Estado, por tachar os axentes da Garda Civil de torturadores.«La alcaldesa de Hernani, condenada a un año de cárcel por enaltecimiento de ETA», La Voz de Galicia, 6 de junio de 2009. A sentenza foi recorrida e o Tribunal Supremo de España absolveu en segunda instancia á alcaldesa dese delito en marzo de 2010.

Tras a ilegalización de ANV, por considerar que sucedía a candidaturas ilegalizadas, quedou disolto o grupo municipal ó que pertencía; porén, puido exercer de alcaldesa até o final da lexislatura. Durante o seu mandato á fronte da alcaldía de Hernani implantouse na localidade un polémico sistema de recollida selectiva de lixos coñecido como Porta a Porta (PaP).

Nas eleccións municipais e forais de 2011 non se presentou á reelección. A coalición Bildu gañou as eleccións forais en Guipúscoa, obtendo o goberno da Deputación Foral de Guipúscoa. O novo executivo liderado por Martin Garitano nomeouna Directora de Comunicación da institución.

Posteriormente, foi membro do Parlamento Vasco, xa que ocupou o terceiro posto da candidatura Euskal Herria Bildu para as eleccións ó Parlamento Vasco de 2012, pola circunscrición de Guipúscoa, resultando elixida para o cargo. Renunciou ó mesmo para ser elixida deputada nas eleccións xerais de España de 2015.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha de Marian Beitialarrangoitia no Parlamento Vasco .

Categoría:Nados en 1968 Categoría:Xornalistas do País Vasco Categoría:Políticos de Acción Nacionalista Vasca Categoría:Políticos de EH Bildu Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Nados en Legazpi