Madonna Dreyfus, tamén coñecida como A Virxe da granada, é unha pequena pintura ao óleo sobre táboa do renacemento italiano, atribuída ata agora ao pintor Lorenzo di Credi, aínda que máis recentemente foi reconsiderada como obra de Leonardo da Vinci.Dreyfus Madonna - by Leonardo da Vinci Atópase na Galería Nacional de Arte de Washington, D.C.
Historia Actualmente non hai consenso sobre o autor da obra, entre os que se especulan Leonardo da Vinci, Verrocchio ou Lorenzo di Credi. Para a maioría dos críticos, a anatomía do neno Xesús é tan pobre que desanima unha posible atribución a Leonardo, mentres que outros cren que é un traballo da súa mocidade.
Esta atribución foi feita por Suida, en 1929. Outros historiadores de arte como Shearman e Morelli atribúeno a Verrocchio. Daniel Arasse (1997) considera esta pintura como un traballo de mocidade de Leonardo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cadros de Leonardo da Vinci Virxe da granada (Botticelli), pintura de Sandro Botticelli. Ligazóns externas National Gallery of Art. Web do museo.
Categoría:Leonardo da Vinci Categoría:Pintura do Renacemento