Guillermo de Oya Lastres, finado en Vigo o 6 de abril de 1924Galicia. Diario de Vigo, 8-4-1924, p. 1., foi un enxeñeiro, empresario e político galego.
Traxectoria Enxeñeiro de minas. Casou en 1900 con Elena Salgueiro Barbón, sobriña de Xosé García BarbónEl Diario de Pontevedra, 21-5-1900, p. 2., e foi o seu herdeiro, instalándose no pazo na Facenda Vista Alegre. Foi membro do consello de administración da Compañía Xeral dos Ferrocarrís de Galicia e presidente da Asociación Fomento do Turismo de Vigo. Foi concelleiro de Vigo e primeiro tenente alcalde das corporacións presididas por Joaquín Martínez LópezNoticiero de Vigo, 1-1-1912, p. 1. e Francisco Lago ÁlvarezNoticiero de Vigo, 2-1-1914, p. 1..
Notas
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Finados en 1924