Os dinkas son un grupo étnico que habita na rexión de Bahr el Ghazal, na conca do río Nilo, en Jonglei, no Sudán do Sur, e en partes das rexións de Kurdufan e o Alto Nilo no Sudán. Os dinkas son un pobo agrícola e gandeiro, que pastorea nos campos dos ríos na estación seca e cultiva paínzo e outras variedades de gran na estación chuviosa. O seu número rolda os 4,5 millóns de persoas segundo o censo de 2008 do Sudán, representando o 18% da poboaciónAncient Historical Society Virtual Museum, 2010 antes da independencia do Sudán do Sur, e sendo o meirande grupo étnico do novo país. Os dinkas, ou como se chaman a si mesmos muonyjang (singular) e jieng (plural), constitúen unha das pólas dos pobos nilóticos, que inclúen os nuer e os luo). Os dinkas son recoñecibles pola súa estatura, e xunto cos tutsis de Ruanda, están considerados o pobo máis alto de África.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Grupos étnicos do Sudán Categoría:Grupos étnicos do Sudán do Sur