A VG-1.2 ou Vía de Alta Capacidade de Ares-Mugardos (na provincia da Coruña), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades do Polígono industrial Vilar do Colo (Fene) e o Complexo industrial Punta Promontoiro (Mugardos); atravesa os concellos de Fene, Mugardos e Ares. Ten unha lonxitude de 6,44 quilómetros (5,81 quilómetros de VG-1.2 e 0,63 quilómetros de VG-1.2r0) e iníciase no polígono industrial Vilar do Colo (Fene) e finaliza no complexo industrial Punta Promontoiro (Mugardos).
Percorrido
Os primeiros quilómetros inicia no polígono industrial Vilar do Colo coa denominación VG-1.2r0 (ramal 0 da avenida principal do polígono) e chegado ao punto quilométrico 0.63, entrado coa denominación VG-1.2 ata o complexo industrial Punta Promontoiro que son 5,81 quilómetros de lonxitude. Chegando á primeira rotonda que lle termina o polígono industrial para seguir a Mugardos cruzado á estrada dos Casais e á Rúa do Forno. Seguindo á ligazón da estrada DP-3501 (estrada da Armada) no lugar da Armada (parroquia de Maniños do concello de Fene), seguindo ao outra ligazón da estrada AC-122 no lugar da Gallada de Piñeiro (parroquia de Piñeiro do concello de Mugardos), e seguinte a ligazón da estrada de Ares, AC-123 e outra de AC-133 a Franza. Na última ligazón vai cruzado á estrada DP-3504 con ambas as direccións a Mugardos e a Maniños. Chegado a final co acceso ao complexo industrial de Punta Promontoiro sen acceso ás outras estradas (acceso único con rotonda).
Historia
O primeiro treito dentro do polígono industrial Vilar do Colo iniciaron as obras, en febreiro de 2003 e culminaron as obras en abril de 2003 e o segundo treito ao complexo industrial de Punta Promontoiro foi inaugurado en outubro de 2005. O proxecto orixinal denomina como unha vía rápida desde o polígono industrial Vilar do Colo ata Ares e Mugardos polo que denomina como V.A.C. Ares-Mugardos. O acceso a Ares da estrada AC-123 non conta como unha vía para automóbiles. En 2015 aprobou un plan vectorial para a mellora dos accesos e conexións coa estrada N-651 e a autoestrada de peaxe AP-9 e na actualidade non avanzou nada deste proxecto.
Treitos
Denominación Treito Kms Ano servizo Treito: - 0,6 2003 - 5,8 2005
Notas
Categoría:Corredores e vías galegas Categoría:Estradas da provincia da Coruña Categoría:Fene Categoría:Mugardos Categoría:Ares Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes