Fernández Victorio Lascoiti (tamén escrito Lazcoiti) y Fourquet nado en Oviedo, o 27 de outubro de 1810 e finado en Madrid, o 26 de maio de 1878, foi un político español, ministro durante o reinado de Isabel II de España.

Traxectoria Ingresou na Tesourería en 1830 como o escribano de planta da Contaduría de Rentas do Partido de Alcalá de Henares, unha verdadeira incubadora de varios ministros do período isabelino. En 1835 ascende a oficial de terceira e permaneceu no mesmo destino até 1837 en que pasa a Administración especial de Aduanas de Madrid. Posteriormente, en 1840, foi nomeado secretario da Comisaría de Rendas de Santander en 1840, e pasou despois á de Valladolid. De seguido, e sucesivamente, foi subsecretario de Facenda, presidente do Tribunal de Contas e, en abril de 1866, gobernador do Banco de España até xullo do mesmo ano.

Tamén foi dúas veces ministro de Finanzas. A primeira, en outubro de 1857 (durante 10 días, como ministro interino: do 15 ao 25), o primeiro, ano en que foi elixido deputado na circunscrición de Burgos polo distrito de Medina de Pomar; e a segunda, entre o 13 de outubro de 1863 e o 17 de xaneiro de 1864, no goberno de Manuel Pando Fernández de Pinedo. Na súa carreira parlamentaria figura como senador vitalicio entre 1863 e 1868, ao remate da súa carreira.

Casou con Jacinta Sancha y Herrera, nativa de Lerma. Foi condecorado coa Cruz de Comendador de Número da Orde de Carlos III.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de gobernadores do Banco de España

Categoría:Gobernadores do Banco de España Categoría:Senadores de España Categoría:Nados en 1810 Categoría:Finados en 1878 Categoría:Ministros de España Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Historia contemporánea de España