Tamara Andrés Padín, nada en Combarro (Poio) o 8 de agosto de 1992, é unha escritora e tradutora galega.
Traxectoria Graduada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e titulada no mestrado en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura pola Universidade de Santiago de Compostela. Tras estudar o Mestrado para o Profesorado, na especialidade de linguas estranxeiras, dedicouse ao ensino de idiomas, tamén na Universidade de Vigo.
No 2015, publicou Amentalista, unha particular homenaxe ao pintor René Magritte, pintor que mereceu a súa atención en diversas investigacións e artigos. Nese mesmo ano gañou o Concurso de Poesía O Facho con Nenæspiraes, poemario publicado na editorial Medulia. A finais de 2017 publicou Corpo de Antiochia na colección Dombate da Editorial Galaxia, poemario autotraducido ao castelán e finalista do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2018.
Comezou a súa tese sobre poesía e tradución dentro do programa de Doutoramento en Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo. Dirixiu e colaborou en diversos proxectos literarios, audiovisuais e escénicos. En 2018 comezou a dirixir con Marcus Daniel Cabada a revista Ligeia. En 2024 pasou a dirixir a colección Dombate de editorial Galaxia. En 2026 foi a primeira muller responsable de edición na mesma editora.
miniatura|Presentación de Ligeia, Bueu, 22/09/2018. Con Marcus Daniel Cabada
Obras
Obras individuais miniatura|Acompañando a Diego Alfonsín na presentación de Non o saben as estrelas. Libraría Paz de Pontevedra. 08/02/2019 Amentalista (2015). Diversidad literaria SL. 72 páxs. ISBN 978-8494356230. Unha particular homenaxe a René Magritte (en español). Nenæspiraes (2016). Medulia. ISBN 978-8494378317. Corpo de Antiochia (2017). Ed. Galaxia. 84 páxs. ISBN 978-84-9151-076-5. Limiar de Héctor Acebo. Irmá paxaro (2019). Cuarto de inverno. Ilustracións de María Montes. 75 páxs. ISBN 978-84-09-15875-1. Bosque vermello (2019). Positivas. 50 páxs. ISBN 978-84-120184-5-5. Distancias (2020). Con Marcos Viso. Galaxia. 64 páxs. ISBN 978-84-9151-441-1. Peixiño desnortado (2022). En Historias para coñecermos Pontevedra. Diario de Pontevedra. ISBN 978-84-12633-40-5. 63 páxs. Para non concretarme (2024). Positivas. 74 páxs. ISBN 978-84-128055-2-9. Eu son de aquí e de alá (2026). Vigo: Galaxia. 116 páxs. ISBN 978-84-1176-557-2. Sobre a escritora Matilde LLoria.
Obras colectivas Wine&Roses, LeTour1987, 2016
Contos de Nadal, Revista Criaturas, 2016 No seu despregar, Apiario, 2016 Xohana Torres, natureza de illa, Real Academia Galega, 2018 Álvarez Luís, Alberto; Andrés, Tamara; Luna Alonso, Ana (2024). O son en que cada lingua se solta. Luísa Villalta tradutora, Luísa Villalta traducida. Universidade de Vigo. 323 páxs. ISBN 978-84-1188-016-9. Escolma de traducións feitas pola autora e de textos seus traducidos a outras linguas.
Traducións literarias Bruxas a Morta, de Georges Rodenbach (BIVIR, 2014) Ernesto e Celestina, músicos da rúa, de Gabrielle Vincent (Kalandraka, 2016) Agni e a chuvia, de Dora Sales (Kalandraka, 2016) París en pijamarama, de Michaël Leblond e Frédérique Bertrand (Kalandraka, 2016) Museo en pijamarama, de Michaël Leblond e Frédérique Bertrand (Kalandraka, 2017) Ernesto e Celestina perderon a Simeón, de Gabrielle Vincent (Kalandraka, 2017) O Nadal de Ernesto e Celestina, de Gabrielle Vincent (Kalandraka, 2018) A túa historia, de Kathryn Strobel, ilustrado por Vanesa Álvarez (Galaxia, 2019) As iluminacións, de Arthur Rimbaud (Kalandraka, col. Tambo, 2023; traducida en tándem con Oriana Méndez). Esta obra supúxolles obteren o premio Plácido Castro de Tradución de 2023.
Recoñecementos miniatura|Pontevedra, 03/02/2019, con Silvia Penas e Marcus Daniel Cabada.
Poesía 2000: Gañadora da modalidade poética do Concurso Literario Xaime Illa Couto.
2014: Accésit dos Premios de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo polo poemario Xogos surrealistas. 2015: Gañadora do Premio de Poesía O Facho polo poemario Nenæspiraes. 2016: Segundo premio do XVII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores do Concello de Mondoñedo polo poemario O suicidio da camelia. 2017: 2º premio dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria da Universidade de Vigo polo poemario Recuperar as mans. 2017: 3º premio da modalidade poética do certame Xuventude Crea polo poemario A lingua secreta dos nenos franceses. 2018: Finalista do I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil por irmá paxaro. 2018: Finalista do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández por Corpo de Antiochia. 2024: Premio Plácido Castro de Tradución (Con Oriana Méndez) por As iluminacións, de Arthur Rimbaud.
Narrativa 2015: 2º premio do II Concurso de relato breve convocado pola Biblioteca Pública de Pontevedra por «A purificación de Vedra». 2016: Gañadora do IV Certame de Relato Curto organizado pola FANPA de Pontevedra por «A eterna bailarina». 2017: 3º premio na modalidade de traballo literario breve dos I Premios Provinciais da Xuventude convocados pola Deputación de Pontevedra con «Os amantes tráxicos».
Tradución 2024: Premio Plácido Castro de Tradución (edición de 2023) pol'As iluminacións, de Arthur Rimbaud (Kalandraka, col. Tambo, 2023; a canda Oriana Méndez).
Notas
miniatura|25 anos con Lois Pereiro. Libraría Paz de Pontevedra. Con Lucía Novas, Ana Acuña, Ramón Rozas e Xaime Toxo.
Véxase tamén Ligazóns externas Tamara Andrés Blog da autora Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Poio Categoría:Nados en 1992 Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Profesores da Universidade de Vigo