George Coșbuc, nado en Coșbuc o 20 de setembro de 1866 e finado en Bucarest o 9 de maio de 1918 en Bucarest, foi un poeta e tradutor romanés nativo de Transilvania.
Traxectoria miniatura|Selo de Romanía. George Coșbuc foi o sétimo fillo de Sebastián Coșbuc, sacerdote greco-católico, e Mariei, filla, tamén, dun sacerdote greco-católico de Telciu. Xa como estudante entrou no círculo literario local, Virtus Romana Rediviva, coa oposición de seu pai, que o vía como un obstáculo á carreira elesiástica que pretendía que seguise seu fillo. Realizou estudos primarios en Telciu e logo secundarios en Nasaud, onde adquiriu unha sólida cultura lendo clásicos da literatura romanesa e universalȘerban Cioculescu, Istoria literaturii române III - Epoca marilor clasici, Editura Academiei Republicii Socialiste România, București, 1973, pp. 761-762, e despois traballou como profesor en Nasaud.
En 1882 publicou os seus primeiros poemas no almanaque anual do club literario. Entre 1884 e 1886 asistiu a cursos na Universidade de Cluj. Recolleu contos de fadas e historias populares, para reescribilos e publicalos. Entre 1887 e 1889 foi redactor do xornal de Cluj, La TribunaIoan Slavici, Amintiri, Cultura națională, București, 1924, pp. 144-145, a época máis fecunda da súa vida, onde traballaba xente como Ioan Slavici, Ioan Bechnitz ou Septimiu Albini, e que foron fundamentais na súa carreira literaria Dicționarul literaturii române de la origini pînă la 1900, București, Editura Academiei Române și Editura GUNIVAS, București, 2008, p. 234. Este período culminou coa publicación de Nunta Zamfirei que recibiu eloxios nos círculos literarios de Romanía e o consagrou como poeta. Mudouse a Bucarest, facéndose oco entre o círculo cultural e intelectual da cidade. Colaborou coa revista Convorbiri Literare e conxuntamente con outros antigos educadores preparou unha colección de textos en lingua romanesa como manual escolar, Carte de românească citire.
En 1893 publicou Balade și idile, un volume que cimentou a súa reputación e despois tocou a poesía con connotacións políticas, como os enfáticos Noi Vrem pământ ou "Lupta vieții ". Nesa época comezou a súa colaboración coa revista literaria, Vatra.
En 1895 rematou a tradución da Eneida de Virxilio. En 1896 publicou unha escolma de poemas e relatos co título Versuri și proză. En tres anos publicou grandes anacos do Kālidāsa, grazas a traducións alemáns do texto orixinal en sánscrito. Traduciu de Homero a Odisea e varias obras de Friedrich Schiller.
En 1898 a Academia Romananesa xulgouno como membro eminente, proseguiu a traducir, salientando a totalidade da Divina Comedia de Dante. En 1901 fundou con Alexandru Vlahuță, a revista literaria Sămănătorul. Logo de perder un fillo nun accidente en 1915 deixou toda actividade literaria e morreu en 1918.
Obra Blestem de mamă, Sibiu, 1885 Pe pământul turcului , Sibiu, 1885 Fata craiului din cetini , Sibiu, 1886 Draga mamei , Sibiu, 1886 Fulger , Sibiu, 1887 Balade și idile , Bucarest, 1893 Fire de tort , Bucarest, 1896 Războiul nostru pentru neatârnare Bucarest, 1899 or, Craiova, 1995 Povestea unei coroane de oțel , Bucarest, 1899; Bucarest, 1992 Din țara Basarabilor, Bucarest, 1901 Ziarul unui pierde-vară , Bucarest, 1902 Dintr-ale neamului nostru , Bucarest, 1903 Cântece de vitejie , Bucarest, 1904 Superstițiunile păgubitoare ale poporului nostru , Bucarest, 1909 Balade, Bucarest, 1913; Drumul iubirii , Bucarest, 1916; Povești în versuri , édition établie par Nicolae Drăganu, Sibiu, 1921 Poezii alese, avec une préface de Mihai Beniuc, Bucarest, 1952 Poezii , édition en deux volumes, avec une préface de Dumitru Micu, București, 1953; Despre literatură și limbă , Bucarest, 1960 Versuri , Bucarest, 1961 Fire de tort. Cântece de vitejie , I-II, , Bucarest, 1966 Opere alese vol. I-IX, București, 1966-1998, Opera poetică , I-II, Chișinău, 2000 Scrieri alese, Iași, 2001
Notas
Categoría:Tradutores de Romanía Categoría:Escritores en lingua romanesa Categoría:Escritores de Romanía Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1918 Categoría:Nados en Romanía